Son moitas as organizacións que traballan para a transformación social e para unha economía social e sustentable. Estas organizacións desenvólvense nunhas formas xurídicas máis horizontais que as empresas tradicionais. Son en moitos casos asociacións non lucrativas, cooperativas, fundacións…

Estas organizacións apostan por uns valores e unha forma de traballar diferente, onde participan persoas voluntarias, onde as traballadoras/es involúcranse nas entidades porque cren nos seus valores e finalidades. A pesar de que podería parecer que este tipo de organizacións non teñen conflitos, a realidade é moi diferente.

Ademais adoitan estar conformadas por persoas moi activas e moi vivas, con moitas ideas e con ganas de involucrarse no proxecto, o cal pode ser motivo de conflito.