Xornada sobre Emprendemento. A economía social

O 16 de maio de 2017 estivemos partillando sobre cooperativismo co alumnado do CIFP “Portovello”, compartindo espazo con Dani Diéguez de Apoio Coop  e coas compañeiras de QNecesitas

This slideshow requires JavaScript.

Tratouse de dar unha visión realista e o mesmo tempo motivadora do que é o emprendemento e do que significa e aporta escoller a figura da Cooperativa para convertir as ideas en realidade, dun xeito comprometido e colaborativo, achegando ás persoas asistentes a nosa propia experiencia.