O 30 de xullo, durante a xornada anterior ao Día Internacional do Cooperativismo, adherímonos á Campaña de Coopertivismo de portas abertas, ainda que xa sabedes que as nosas portas sempre están abertas. Unha excusa máis para que pases a coñecernos!
Relacionado
Publicado por Xeraccion
Somos unha cooperativa de traballo asociado que presta os seus servizos de Intervención socio-comunitaria a entidades, públicas e privadas, e particulares, baixo os principios de xustiza social, igualdade, responsabilidade colectiva, respecto á diversidade e axuda mutua.
XERACCIÓN está formada por un conxunto de persoas, procedentes de diversos ámbitos da acción social (integración social, mediación social, traballo social e psicoloxía) implicadas no pulo do desenvolvemento comunitario, e que asume como premisa a necesidade de profundizar na democracia participativa e a participación social como formas de mellorar a vida comunitaria.
A súa metodoloxía baséase no coñecemento das comunidades a través da investigación social, o traballo de campo e a escoita activa, utilizando métodos abertos e participativos, creando espazos para a reflexión e a creatividade. A nosa planificación e acción caracterízase póla fexibilidade para cubrir a maior parte das necesidades que se poidan presentar e a capacidade de adaptación.
Ver todos os artigos de Xeraccion