Este servizo ten a fin de fomentar o benestar e o crecemento persoal nas diversas etapas vitais.
Somos conscientes de que a realidade social da comunidade está a afectar ao desenvolvemento funcional da cidadanía, posto que a crise produce sentimentos negativos como tristeza, desesperanza, frustración, ira, egoísmo e illamento. Ante estas necesidades, cómpre ter un apoio que axude a identificar e xestionar as dificultades da vida diaria e os recursos dispoñibles para mellorar o propio desenvolvemento.
Atención directa a persoas, familias e grupos en situacións de vulnerabilidade e dificultade social.
Promover xunto a persoa o cambio necesario no pensamento, sentimentos e comportamento para resolver as situacións que lle produzan malestar e sufrimento e interfiran no seu desenvolvemento diario (perda da autoestima, sentimentos de desamparo, desesperanza e incompetencia).
Disminuír e controlar ese malestar que pode derivar en ansiedade, depresión, conflictos relacionais, dificultades de comunicación, illamento, impulsividade, ira e violencia, soidade, condutas destructivas.
Desenvolver as habilidades necesarias para favorecer o cambio que permita o logro de obxectivos persoais e afrontar dunha forma máis eficiente futuras situacións de dificultade.
Acompañar e dar apoio psicolóxico a persoas e grupos no afrontamento de problemas ou en situacións vitais críticas/delicadas.
Axudar ás persoas (nena/o, xove, adulta/o) para superar problemas emocionais, de relación e de comportamento mediante o acompañamento e análise da situación persoal, dos recursos que posúe e que ten ó seu alcance, dos intereses, motivacións e emocións, para acadar outras actuacións que conduzan a resolución do problema mediante a aprendizaxe e a mellora das capacidades.
Intervención individual: atención centrada na persoa, na súa autonomía e crecemento persoal.
Intervención grupal: atención centrada na axuda mutua e no adestramento de habilidades. Escola de nais e pais (dinámicas familiares, adiccións, novas tecnoloxías, acoso escolar, violencia de xénero e filioparental, conductas de risco: sexting, abuso de sustancias, trastornos da alimentación). Mediación. Grupos de encontro.
Programas de prevención e sensibilización: Dirixidos á poboación en xeral.
Accións formativas e obradoiros: Dirixidas a institucións públicas e privadas, organizacións sociais e educativas, e de distintas temáticas: xestión emocional, resolución de conflitos, estimulación cognitiva, aprendizaxe de competencias.