O obxectivo é construír unha sociedade baseada na igualdade, partindo dos compromisos de implementar e apuntalar boas prácticas e corrixir as desigualdades que perviven, artellando as ferramentas necesarias para avanzar cara á igualdade non so formal, senón real.

Xeracción dispón dunha oferta formativa en materia de xénero, igualdade entre mulleres e homes e conciliación da vida familiar, laboral e persoal dirixida a empresas públicas e privadas, administracións públicas e outras organizacións, así como á poboación en xeral:

Neste senso, a Administración local ten a posibilidade de ser un modelo de referencia para outras entidades tanto públicas como privadas do municipio con respecto á igualdade de oportunidades de xeito que a súa organización e traballo sexa sensible ás diferenzas de xénero e adecuada ás necesidades de homes e mulleres. Tendo en conta isto é fundamental a sensibilización e formación do persoal técnico e político municipal en igualdade de oportunidades, a eliminación da linguaxe sexista dos seus documentos, así como, desagregar os datos por sexos como xeito de visibilizar e promover unha imaxe equilibrada de mulleres e homes do municipio.

As accións formativas son de diferente tipo:

  • Básicos: Introducen o marco de referencia ou sistema explicativo que servirá de base para a construcción dos xéneros e formación básica en igualdade de oportunidades.
  • Específicas: Formacións referidas a aplicación práctica da perspectiva de xénero en diferentes ámbitos, deconstrucción de estereotipos, evolución lexislativa e tratamento da violencia machista.

Para alcanzar este obxectivo, necesitaremos incidir en tódolos espazos da vida pública posibles, non so na Administración pública. Por este motivo tamén diriximos os nosos servizos formativos e de asesoría, á iniciativa privada.

Por outra banda promovemos, deseñamos e levamos a cabo accións reivindicativas, campañas e xornadas de sensibilización.