Dada a conxuntura actual, vemos que nos atopamos no momento idóneo para a reformulación do deseño e a racionalización global do proceso socializador.
Construír a propia identidade, dende un desenvolvemento persoal que supoña sentirse partícipe da comunidade da que se forma parte.
Por eso en Xeracción apostamos por construír entre todas a través da participación.
A participación converteuse nun asunto de interese político e social. Os discursos políticos mencionan unha e outra vez as virtudes de participación da cidadanía nos asuntos públicos. Hoxe por hoxe, calquera proceso orientado ó cambio e á mellora das condicións actuais incorpora a participación como un elemento fundamental.
Traballamos a participación como un proceso de implicación, mediante o cal os diferentes actores plantexan os problemas e solucións, con metodoloxías e ferramentas que fomentan a creación de espazos de reflexión e diálogo colectivos, encamiñados á construcción de coñecemento común para que, no momento que o proxecto finalice, queden instaladas no territorio unhas capacidades que lle permitan seguir avanzando nese proceso participativo que intenta potenciar e construír, son “outras formas de relacionarse”, outras formas de pensar a realidade e de actuar nela. Iste abordaxe ten en conta o escenario específico onde ten lugar o proceso e as alternativas, nun contexto determinado política, social e económicamente, co obxecto de melloralo.
Non temos o hábito de traballar cun enfoque participativo, trátase de primeiro desaprender para logo aprender a funcionar con outras lóxicas.
Dende Xeracción, abordamos a participación dende a convicción de que as metodoloxías participativas constitúen o mellor camiño para deseñar e implementar calquera proxecto, o que nos leva a entender os procesos de participación dende unha óptica concreta.
Nesta mesma liña a mediación xorde con forza como unha aposta clara pola “democratización” da sociedade, entendida como a capacidade real da cidadanía para co-responsabilizarse na xestión da propia convivencia.
A cultura da mediación non propón simplemente «aliviar causas xudiciais» senón restablecer e fortalecer a rede social mediante mecanismos de participación con responsabilidade no proceso de toma de decisións, aceptando puntos de vista diferentes, evolucionando do paternalismo á autodeterminación responsable.
Un clima de convivencia positiva e a xestión transformadora e participativa dos conflitos, xeran unha contorna segura e saudable que debe ir da man do benestar dos seus protagonistas. É máis, a convivencia positiva contribúe á formación integral como persoas e como membros dunha cidadanía responsable, comprometida e solidaria.
Aínda que é certo que esta visión sobre a convivencia cada vez está máis estendida e asumida, tradicionalmente o traballo centrouse en establecer unha disciplina que marca límites e sancións e que busca controlar todas aquelas condutas contrarias ás normas dun modo absolutamente reactivo. O paso hacia un enfoque proactivo e participativo, no que a cidadanía asuma protagonismo e responsabilidades, está a ser lento e, nalgúns casos, aínda é superficial e non conseguiu transformar o modo de percibir, concibir e traballar a convivencia. A difusión e consolidación deste enfoque é todo un reto para construír unha convivencia positiva para o cal a medición supón unha ferramenta imprescindible.
A costrución desta convivencia positiva non será posible sen feminismo. Xeracción, concretando o seu compromiso coa loita polo empoderamento das mulleres e coa igualdade entre mulleres e homes, busca impulsar a introducción da perspectiva de xénero na acción da administración e nos espazos e tempos nos que se desenvolve a vida da cidadanía. Dada a situación, ponse de manifesto a necesidade de continuar a traballar co fin de avanzar na vixente vindicación das mulleres, de construír unha sociedade baseada na igualdade, partindo dos compromisos de implementar e apuntalar boas prácticas e corrixir as desigualdades que perviven entre ámbolos sexos, artellando as ferramentas necesarias para avanzar cara á igualdade real.