Mani aborto 2.jpgXeracción non xorde aquí e agora dun xeito casual, nacemos nun contexto social moi concreto que nos empurra a acción e que dende a nosa visión e de xeito moi esquemático trataremos de analizar.

 

 

Hoxe en día as POLÍTICAS SOCIAIS FRACASADAS non están conseguindo os seus obxectivos por varios factores:

     1.Por unha banda, os RECORTES que afectan ó funcionamiento dos servizos,

     2.Por outra o MODELO ASISTENCIALISTA que seguen os mesmos:

  • Posto que supón solucións a curto prazo en vez de superar o problema.
  • Crean unha excesiva dependencia institucional:
    • Convertindo á persoa en suxeito pasivo, en cambio déixase de lado o desenvolvemento das súas capacidades e o seu propio potencial;
    • Reducindo ó persoal técnico a meros xestores de axudas póla falta de recursos para profundizar nas posibilidades das persoas.

O problema non se limita á insuficiencia de recursos dispoñibles: hai respostas inadecuadas, falta axilidade, hai ineficiencia. A prolongación de situacións de dependencia institucional  repercute na convivencia e nas relacións interpersoais en determinados ámbitos locais. Discursos que tratan de lexitimar a postura de rexeitamento, definindo un “nós” que protexer da ameaza de “os outros”.

Este feito causa unha espiral de efectos sobre as persoas e as familias que impacta na súas condicións de vida, resiliencia e estratexias para lograr apoios e recursos, provocando unha maior  dependencia (da familia, de institucións públicas, de organizacións sociais, de redes comunitarias de axuda mutua).

Así mesmo, neste contexto, produciuse unha mercantilización de todas as esferas sociais: da sociedade CON mercado, á sociedade DE mercado.

Unha mercantilización das persoas, nas que só importan en tanto son rendibles nunha sociedade capitalista e globalizada onde a honra e o valor social dado a unha persoa, ten unha transcendencia vital na existencia da mesma, pois o status social permítelle ou négalle o acceso a diferentes bens ou privilexios. Este status social está directamente relacionado co traballo que desempeñan as persoas e co poder adquisitivo das mesmas, atribuíndolles un posicionamento socio-económico que as clasifica en estruturas sociais que rexeitan a cidadanía que non “encaixa” nesta construción sen ao mesmo tempo ofrecerlles a posibilidade de conseguir aquelo que se lles esixe para formar parte da sociedade, producíndose unha situación de anomia.

Desenvolvemento persoal 8

Unha mercantilización do terceiro sector, desde a incidencia política á provisión exclusiva de servizos públicos; unha mercantilización do público, na que non se sabe que foi do ben común e unha mercantilización do proxecto social que levou ao enfraquecemento societal.

Estas estruturas sociais establecidas, o xeito de organizarse e articularse e o excesivo individualismo consecuencia destas estruturas, son a causa dos problemas da sociedade.

A sociedade corre un risco maior de segmentación, na que formas de pertenza construídas a partir das diferenzas (étnicas, de nacionalidade, cultura e relixión, identidade, aspiracións de clase e atribucións por xénero) volven configurarse como causas da desigualdade social. Segmentación social que pretende lexitimar a desigualdade, distintos niveis de dereito a acceder a servizos sociais. Segmentación que tenta destruír  calquera posibilidade de convivencia.

Claro exemplo desta segmentación é o heteropatriarcado, modelo social imperante que coloca ás mulleres nunha situación de subordinación ante o poder dos homes, perpetuando o sistema de xerarquías e roles imposto por unha cultura baseada na socialización diferencial, dominada polo xénero masculino hexemónico.

As consecuencias desta cultura patriarcal son moi diversas e afectan ao conxunto das mulleres, vítimas dunha situación de discriminación tanto na esfera privada como na pública. Isto denomínase violencia machista e provoca unha eiva evidente entre homes e mulleres en todos os eidos, no entorno laboral,o económico, político, o mediático, o institucional, o sanitario…