O aumento da inseguridade ou precariedade económica e a vulnerabilidade social, aumenta o número de persoas que acoden aos servizos públicos, mentres que se reducen os recursos, pero como xa vimos o problema non se limita a esta insuficiencia: hai respostas inadecuadas, falta axilidade, hai ineficiencia.
Por isto levamos a cabo a planificación e posta en marcha de servizos de intervención social, a iniciativa propia ou a partires da demanda dunha entidade ou colectivo cunha inquietude ou problemática a resolver. Trabállase cos diferentes axentes implicados de maneira tal que se chegue a unha “resposta colectiva”.
- Planificación e posta en marcha de servizos de intervención social, dirixidas a entidades públicas e privadas.
- Servizo de Peritaxe social para procesos xudiciais.