O punto de partida para a elaboración dun Proxecto de intervención social será a fase de diagnose a través dunha analise tanto cuantitativa como cualitativa da realidade social e problemáticas do contexto, que permita a definición de indicadores para unha posterior avaliación. A diagnose contará sempre cunha metodoloxía participativa, procurando a implicación de todos os axentes involucrados.
A través de ferramentas teóricas e metodolóxicas de investigación en Ciencias Sociais para o estudio dos procesos de exclusión e desigualdade, xeramos coñecementos teórico-prácticos sobre a análise do benestar social da cidadanía, así como o deseño das políticas que o melloren.
Pretendemos profundizar no coñecemento das necesidades sociais e na acción e intervención social, con especial referencia a fenómenos actuais, como a migración, as minorías étnicas, a violencia de xénero, as transformacións familiares e sociodemográficas, etc.
Estableceremos as liñas estratéxicas en base a diagnose e a partires de cada unha delas os obxectivos principais, procurando conseguir un nivel de calidade óptimo, de acordo ás expectativas da clientela.
Trátase de xestionar o servizo coa maior eficiencia posible, a partires do aspecto organizativo e utilizar unha metodoloxía integral, participativa e igualitaria na nosa intervención:
- Elaborar colectivamente a planificación estratéxica, contando con todos os axentes implicados, poñendo en valor a intelixencia colectiva de tal xeito que toda a comunidade se sinta partícipe e motivada.
- Introducir a perspectiva de xénero no deseño, implementación e avaliación de todas as intervencións.
- Planificar estratexias que integren o enfoque da diversidade.
- Fomentar a utilización da mediación para a resolución de conflictos.
- Adestrar en xestión emocional, potenciando a aprendizaxe e posta en práctica de habilidades sociais.
- Promocionar a cooperación para a toma de decisións e actuación do equipo, persoas usuarias e familias.