Dende o momento do noso nacemento estamos directamente suxeitas/os á aplicación do Dereito. Ó longo da nosa vida, as persoas estamos condicionadas por unha serie de regras que rexen a nosa persoa e a convivencia en sociedade (outórganos dereitos e esíxenos responsabilidades e obrigas).
A xuíza ou xuíz dentro dos procedementos xudiciais, en moitas ocasións, vai a necesitar coñecementos específicos e concretos que descoñece. Para cubrir esas carencias, non esixidas, necesitarán o auxilio de outras profesións que as/os axuden a resolver as dúbidas plantexadas para poder darlles resposta. Estas persoas profesionais expertas serán as/os Peritos.
A función principal da Peritaxe Social é a intervención nos procesos xudiciais de Traballadores/as Sociais na Administración de Xusticia a través da diagnose, coa finalidade última de emitir un informe, que se ceñirá a dar resposta á petición das partes. Polo tanto o obxectivo fundamental da intervención é a avaliación da situación.
A Xustiza Social é hoxe un valor un tanto denostado e que precisa ser arroupado con criterios de humanidade, pólo tanto a nosa labor a través do informe pericial é fundamental xa que é a forma na que as persoas poden participar no seu propio proceso, aportando as súas vivencias e as súas emocións. En contra da Xurisprudencia máis legalista do noso ordenamento xurídico, o informe pericial social aporta unha visión persoal, concreta, irrepetible, única, que non atende a razóns casuísticas, se non a razóns humanas.