Deseño, execución e acompañamento de proxectos participativos.
Traballamos para facilitar o deseño de proxectos sociais e de procesos participativos.
Dinamización Comunitaria
Asesoramento, deseño e execución de plans programas e proxectos de dinamización comunitaria mediante a implementación de metodolóxicas participativas establecendo estratexias de comunicación e difusión dos diferentes proxectos e actuacións comunitarias impulsando o desenvolvemento do tecido asociativo.
Orzamentos participativos
Instrumento político-pedagóxico para a construcción dunha democracia real dentro das administracións públicas. O seu carácter trans-sectorial permite quebrar a segmentación dos diversos actores, tendo como principal obxectivo a formulación de políticas participativas.
Promoción da convivencia e a participación social
Traballamos en prol dunha cidadanía activa e responsable, impulsando espazos populares de encontro veciñal.