PARTICIPACIÓN E DINAMIZACIÓN COMUNITARIA

A Participación converteuse nun asunto de especial interese na axenda pública dos últimos tempos, volvéndose unha ferramenta inseparable de calquera asunto público que unha administración plantexe e que queira ter éxito na súa acollida por parte da poboación.

Os procesos participativos afectan de maneira transversal á realidade que nos rodea xerando espazos moi enriquecedores para a implicación da cidadanía. Se ben non é doado a incorporación de espazos e dinámicas de participación nas que prevaleza o benestar colectivo cando na sociedade se promove o individualismo e a competencia.

Entendemos a participación como unha oportunidade de xeración de novas formas de relacionarse, partindo dunha situación e un contexto determinado no cal a poboación pasa a ser a protagonista da vida pública consolidando hábitos e capacidades que permitan seguir avanzando en novas formas abertas e participadas de construír comunidade.

Dende Xeracción abordamos a participación dende o convencemento de implicar aos diferentes axentes sociais na diagnose das problemáticas e na procura das solucións de maneira consensuada e participada. Para elo empregamos metodoloxías e ferramentas que fomentan e xeran espazos de reflexión e diálogos colectivos, encamiñados á construción de coñecemento en común.

Ante a demanda dunha inquietude ou problemática a resolver non se desenvolve polo tanto unha solución normativizada para todos os casos, cóntase coa intervención no territorio e a posta en valor dos recursos existentes no mesmo, de xeito que chegamos a unha intervención nacida por e para a comunidade que a precisa.

Máis servicios
Redes sociais

Contact Us

Gallery

Ir al contenido