Dende Xeracción cremos que a pesar do familiarizados que estamos co uso da palabra participación no noso día a día hai preguntas que é necesario resolver

A PARTICIPACIÓN COMO PROCESO Non podemos deseñar a participación en torno a “momentos” puntais nos que nos inventemos que a xente debe participar. En calquera contexto (barrio, comunidade, organización…) existen canles e formas nas que a xente participa  as cales son necesarias situar e ter en conta como punto de partida para o achegamento á poboación e inicio da construción do proceso.

A PARTICIPACIÓN É UN APRENDIZAXE Este proceso se constrúe e leva o seu tempo, xa que debemos primeiro desaprender para logo aprender a funcionar con outras lóxicas. Non estamos habituados a traballar cun enfoque participativo, non é o habitual que encontremos espazos que propoñan estas lóxicas que, por tanto, non temos incorporadas.

TODAS AS PERSONAS TEMOS QUE APRENDER A PARTICIPAR. Participar non é algo unilateral que se lle asigne á cidadanía, persoal técnico e dirixentes da administración deben implicarse é una construción entre todas e todos.

TODAS TEMOS ROL NUN PROCESO PARTICIPATIVO. Ninguén é prescindible nun proceso participativo, dende as institucións ata a poboación pasando polas técnicas, cada axente xoga o seu papel e todas son pezas clave para o bo percorrido do proceso. O primeiro paso é a identificación do rol que cada quen xoga e a súa marxe para exercelo.

A PARTICIPAR  APRENDESE PARTICIPANDO. A participación só se aprende exercéndoa, é necesario experimentar, que a cidadanía forme parte do proceso de construción colectiva.

A PARTICIPACIÓN EMPEZA NA IDENTIFICACIÓN DE NECESIDADES COMÚNS.  Non se pode reducir a participación a asumir propostas que outras persoas elaboran para resolver os meus problemas; é necesaria una implicación de todos os axentes afectados na diagnose da situación para que a posible solución sexa tomada como propia e teña garantías de éxito.

A PARTICIPACIÓN: DEREITO E RESPONSABILIDADE.  Temos dereito e a responsabilidade de participar en todo o que nos afecta na nosa vida cotiá, pero para elo debemos ter a posibilidade de participar na identificación dos temas sobre os que participar.

A PARTICIPACIÓN CONSTRÚESE.  A participación implica por enriba de todo un cambio de hábitos, de actitudes… facéndose nos pequenos detalles cotías. En definitiva, o que un proceso participativo intenta potenciar é contruír outras formas de relacionarse en comunidade.

Segundo a demanda, o contexto e os obxectivos que nos formulan, a nosa intervención pode estar centrada en accións puntais: mediante a dinamización de xornadas, charlas, encontros, seminarios, a medio prazo (diagnoses, avaliacións, sistematización de experiencias….) a longo prazo (orzamentos participativos, plans comunitarios…).