Nós

Xeracción non xorde aquí e agora dun xeito casual, nacemos nun contexto social moi concreto que nos empurra a acción e que dende a nosa visión e de xeito moi esquemático trataremos de analizar.

Por qué nacemos

Hoxe en día as POLÍTICAS SOCIAIS FRACASADAS non están conseguindo os seus obxectivos por varios factores:

1.Por unha banda, os RECORTES que afectan ó funcionamiento dos servizos,

2.Por outra o MODELO ASISTENCIALISTA que seguen os mesmos:

Posto que supón solucións a curto prazo en vez de superar o problema.
Crean unha excesiva dependencia institucional:
Convertindo á persoa en suxeito pasivo, en cambio déixase de lado o desenvolvemento das súas capacidades e o seu propio potencial;
Reducindo ó persoal técnico a meros xestores de axudas póla falta de recursos para profundizar nas posibilidades das persoas.
O problema non se limita á insuficiencia de recursos dispoñibles: hai respostas inadecuadas, falta axilidade, hai ineficiencia. A prolongación de situacións de dependencia institucional repercute na convivencia e nas relacións interpersoais en determinados ámbitos locais. Discursos que tratan de lexitimar a postura de rexeitamento, definindo un “nós” que protexer da ameaza de “os outros”.

 

Este feito causa unha espiral de efectos sobre as persoas e as familias que impacta na súas condicións de vida, resiliencia e estratexias para lograr apoios e recursos, provocando unha maior dependencia (da familia, de institucións públicas, de organizacións sociais, de redes comunitarias de axuda mutua).

Así mesmo, neste contexto, produciuse unha mercantilización de todas as esferas sociais: da sociedade CON mercado, á sociedade DE mercado.

Unha mercantilización das persoas, nas que só importan en tanto son rendibles nunha sociedade capitalista e globalizada onde a honra e o valor social dado a unha persoa, ten unha transcendencia vital na existencia da mesma, pois o status social permítelle ou négalle o acceso a diferentes bens ou privilexios. Este status social está directamente relacionado co traballo que desempeñan as persoas e co poder adquisitivo das mesmas, atribuíndolles un posicionamento socio-económico que as clasifica en estruturas sociais que rexeitan a cidadanía que non “encaixa” nesta construción sen ao mesmo tempo ofrecerlles a posibilidade de conseguir aquelo que se lles esixe para formar parte da sociedade, producíndose unha situación de anomia.

Unha mercantilización do terceiro sector, desde a incidencia política á provisión exclusiva de servizos públicos; unha mercantilización do público, na que non se sabe que foi do ben común e unha mercantilización do proxecto social que levou ao enfraquecemento societal.

Estas estruturas sociais establecidas, o xeito de organizarse e articularse e o excesivo individualismo consecuencia destas estruturas, son a causa dos problemas da sociedade.

A sociedade corre un risco maior de segmentación, na que formas de pertenza construídas a partir das diferenzas (étnicas, de nacionalidade, cultura e relixión, identidade, aspiracións de clase e atribucións por xénero) volven configurarse como causas da desigualdade social. Segmentación social que pretende lexitimar a desigualdade, distintos niveis de dereito a acceder a servizos sociais. Segmentación que tenta destruír  calquera posibilidade de convivencia.

Claro exemplo desta segmentación é o heteropatriarcado, modelo social imperante que coloca ás mulleres nunha situación de subordinación ante o poder dos homes, perpetuando o sistema de xerarquías e roles imposto por unha cultura baseada na socialización diferencial, dominada polo xénero masculino hexemónico.

As consecuencias desta cultura patriarcal son moi diversas e afectan ao conxunto das mulleres, vítimas dunha situación de discriminación tanto na esfera privada como na pública. Isto denomínase violencia machista e provoca unha eiva evidente entre homes e mulleres en todos os eidos, no entorno laboral,o económico, político, o mediático, o institucional, o sanitario…

Que Pretendemos

Dada a conxuntura actual, vemos que nos atopamos no momento idóneo para a reformulación do deseño e a racionalización global do proceso socializador.

Construír a propia identidade, dende un desenvolvemento persoal que supoña sentirse partícipe da comunidade da que se forma parte.

Por eso en Xeracción apostamos por construír entre todas a través da participación.

A participación converteuse nun asunto de interese político e social. Os discursos políticos mencionan unha e outra vez as virtudes de participación da cidadanía nos asuntos públicos. Hoxe por hoxe, calquera proceso orientado ó cambio e á mellora das condicións actuais incorpora a participación como un elemento fundamental.

Traballamos a participación como un proceso de implicación, mediante o cal os diferentes actores plantexan os problemas e solucións, con metodoloxías e ferramentas que fomentan a creación de espazos de reflexión e diálogo colectivos, encamiñados á construcción de coñecemento común para que, no momento que o proxecto finalice, queden instaladas no territorio unhas capacidades que lle permitan seguir avanzando nese proceso participativo que intenta potenciar e construír, son “outras formas de relacionarse”, outras formas de pensar a realidade e de actuar nela. Iste abordaxe ten en conta o escenario específico onde ten lugar o proceso e as alternativas, nun contexto determinado política, social e económicamente, co obxecto de melloralo.

Non temos o hábito de traballar cun enfoque participativo, trátase de primeiro desaprender para logo aprender a funcionar con outras lóxicas.

Dende Xeracción, abordamos a participación dende a convicción de que as metodoloxías participativas constitúen o mellor camiño para deseñar e implementar calquera proxecto, o que nos leva a entender os procesos de participación dende unha óptica concreta.

Nesta mesma liña a mediación xorde con forza como unha aposta clara pola “democratización” da sociedade, entendida como a capacidade real da cidadanía para co-responsabilizarse na xestión da propia convivencia.

A cultura da mediación non propón simplemente «aliviar causas xudiciais» senón restablecer e fortalecer a rede social mediante mecanismos de participación con responsabilidade no proceso de toma de decisións, aceptando puntos de vista diferentes, evolucionando do paternalismo á autodeterminación responsable.

Un clima de convivencia positiva e a xestión transformadora e participativa dos conflitos, xeran unha contorna segura e saudable que debe ir da man do benestar dos seus protagonistas. É máis, a convivencia positiva contribúe á formación integral como persoas e como membros dunha cidadanía responsable, comprometida e solidaria.

Aínda que é certo que esta visión sobre a convivencia cada vez está máis estendida e asumida, tradicionalmente o traballo centrouse en establecer unha disciplina que marca límites e sancións e que busca controlar todas aquelas condutas contrarias ás normas dun modo absolutamente reactivo. O paso hacia un enfoque proactivo e participativo, no que a cidadanía asuma protagonismo e responsabilidades, está a ser lento e, nalgúns casos, aínda é superficial e non conseguiu transformar o modo de percibir, concibir e traballar a convivencia. A difusión e consolidación deste enfoque é todo un reto para construír unha convivencia positiva para o cal a medición supón unha ferramenta imprescindible.

A costrución desta convivencia positiva non será posible sen feminismo. Xeracción, concretando o seu compromiso coa loita polo empoderamento das mulleres e coa igualdade entre mulleres e homes, busca impulsar a introducción da perspectiva de xénero na acción da administración e nos espazos e tempos nos que se desenvolve a vida da cidadanía. Dada a situación, ponse de manifesto a necesidade de continuar a traballar co fin de avanzar na vixente vindicación das mulleres, de construír unha sociedade baseada na igualdade, partindo dos compromisos de implementar e apuntalar boas prácticas e corrixir as desigualdades que perviven entre ámbolos sexos, artellando as ferramentas necesarias para avanzar cara á igualdade real.

Contact Us

Gallery

Ir al contenido