O CUSTO DO CONFLITO NA EMPRESA
Diferentes estudos demostran que o 30% do tempo que pasamos na empresa estamos inmersas/os nun conflito. O 20% do tempo das directivas/os destínase a xestionar litixios e conflitos.
A resolución de conflitos e a mediación, son ferramentas clave para a boa xestión dunha empresa.
As empresas son espazos de interrelación entre clientas/es, subministradoras/es, empregadas/os e é por iso que todas as empresas son susceptibles de vivir conflitos. É importante que a empresa traballe a prevención e a xestión dos mesmos e non sempre as persoas comprometidas co proxecto poden desenvolver solucións integradoras, necesitando por tanto da axuda de expertas/os externos.
Que beneficios que ten para a empresa, traballar a resolución de conflitos ?
- Pode evitar que o conflito se estenda e agrávese dentro da organización.
- Preserva a boa imaxe da empresa.
- Pode contribuír a ter traballadoras/es mais satisfeitas/os e mellorar o clima laboral
- Pode mellorar as relacións entre aquelas persoas que están predestinadas a entenderse, porque existe un vinculo laboral ou contractual que se manterá no tempo.
- Mellora a comunicación e a confianza na empresa.
- Ten unha función preventiva, xa que produce unha aprendizaxe en canto á forma de xestionar os conflitos nun futuro.
En Xeracción, como expertos en xestión de conflitos na empresa, ofrecemos os seguintes servizos:
- Asesoramento e apoio a persoas empresarias e directivas sobre organización, xestión e resolución de conflitos no marco dos recursos humanos da empresa.
- Formación especializada a persoas empresarias, directivas, mandos intermedios e aquelas profesionais que dirixen equipos, sobre técnicas de negociación e mediación no marco empresarial.
- Mediación e resolución de conflitos inter empresarial: conflitos entre dous ou máis empresas.
- Mediación e resolución de conflitos intra empresarial: conflitos entre compañeiras/os-directivas/os-superiores…
- Mediación e resolución de conflitos en procedementos xudiciais derivados de conflitos de relacións laborais (despedimento, faltas, demandas contra a empresa, falta de pagamentos, etc.)
Tipos de conflitos nos que intervimos: