Un dos desafíos máis importantes para os/as educadores/as do século XXI é, máis aló da prevención da violencia nas aulas e a resolución de conflitos cotiás, a educación para a convivencia e a paz.
Con este fin, a educación para aconvivencia, cada vez máis centros escolares elaboran e poñen en marcha un plan de convivencia escolar como un elemento crucial do seu proxecto educativo e aquí é onde situamos os programas de mediación escolar.
Un programa de mediación escolar supón crear e desenvolver no centro educativo un servizo de mediación para a resolución colaborativa e pacífica de conflitos no que poden participar como mediadoras/es e como usuarias/os os diferentes colectivos da comunidade escolar (alumnado, profesorado, persoal non docente, nais e pais,etc).
Os conflitos máis adecuados para a mediación son os de carácter interpersoal, que versan sobre asuntos como:
- Amizades que se deterioraron.
- Faltas de respecto.
- Rumores e malentendidos.
- Obxectos persoais.
- Espazos de xogo.
- Discriminación ou fustrigación.
A mediación neste ámbito presenta unha serie de vantaxes, entre as que destacan:
- Trabállanse valores como a participación, o respecto, a comunicación, entre outros moitos.
- O alumnado reflexiona sobre a súa conduta, observa as súas emocións e as do resto.
- Contribúe a ir eliminando as relacións de dominio e de sumisión entre si.
- Crea no centro un ambiente máis relaxado e produtivo.
- Axuda a recoñecer e valorar os sentimentos, intereses, necesidades e valores propios e alleos.
- Aumenta o desenvolvemento de actitudes cooperativas no tratamento dos conflitos ao buscar conxuntamente solucións satisfactorias para as partes.
- Aumenta a capacidade de resolución de conflitos de forma non violenta.
- Contribúe a desenvolver a capacidade de diálogo e á mellora das habilidades comunicativas, sobre todo escoita a activa.
- Favorece a autorregulación a través da procura de solucións autónomas e negociadas o que redunda no fortalecemento da autoestima e a motivación.
- Diminúe o número de conflitos e, por tanto, o tempo dedicado a resolvelo.
Neste ámbito en Xeracción ofrecemos:
- A posta en marcha de servizos de mediación escolar nos centros educativos.
- Formación neste eido para entidades públicas e privadas, como ANPAs e calqueira outra interesada pola súa implicación profesional ou persoal.