A cooperativa oferta un servizo de asesoría deseñando, implantando e avaliando Plans de Igualdade e medidas de conciliación, tanto na Administración local, como nas empresas.
O proceso pretende proporcionar unha descripción da situación en canto á igualdade de xéneros; dita descripción servirá posteriormente de base para plantexar medidas coas que facer que a situación avance positivamente.
Trátase de organizar e avaliar o traballo relacionado coa igualdade de xéneros no entorno de traballo; facer que se adopte unha política de igualdade de xéneros a tódolos niveis de actuación, que forme parte das labores de xestión.
Recompilarase a documentación relevante relativa á organización, convenios colectivos locais, os informes anuais, os plans para a igualdade de xénero anteriores, as políticas salariais, as avaliacións, e outro material similar que ilustre a política de igualdade de xéneros existente nas principais actividades da organización ou nas relacións entre empresa e persoas empregadas.
Valoraranse referencias e actividades pertencentes a outras áreas como son a información e a comunicación, a política de compra… E outros procedementos que non se plasman por escrito e que teñen lugar na práctica.
Elaboración de plans de igualdade en empresas
Elaboración de Plans de Igualdade para Administracións públicas