Compromiso da Organización
- Toma da decisión e compromiso.
- Comunicación e difusión.
- Definición e creación do equipo de traballo, implicando a todas as áreas empresariais.
Deseño
- Acompañamento técnico na realización de diagnose e plans de igualdade en empresas.
- Realización de diagnósticos de igualdade entre mulleres e homes.
- Identificación de medidas de igualdade a partires dos resultados da diagnose.
- Deseño de plans de igualdade.
- Deseño do seguimento e avaliación dos plans de igualdade e/ou o conxunto de medidas.
- Formación en materia de igualdade ás comisións de igualdade, equipos directivos e representación sindical.
Implantación
- Apoio á posta en marcha dos plans de igualdade e/ou medidas de igualdade.
- Asesoramento técnico para o desenvolvemento de medidas contempladas nos plans de igualdade.
- Formación en materia de igualdade ás comisións de igualdade.
- Formación en materia de xénero e igualdade ás empresas contemplada dentro dos seus plans de igualdade.
- Elaboración de materiais específicos para as empresas en materia de igualdade entre mulleres e homes.
Avaliación
- Deseño de indicadores de seguimento e avaliación de medidas e/ou plans de igualdade.
- Deseño de sistemas de seguimento e avaliación: contido e procedemento.
- Asesoramento para o deseño e desenvolvemento dos procesos de seguimento e avaliación.
- Avaliación do plan de igualdade.
O servizo de asesoramento e acompañamento a empresas promoverá a adopción de políticas de conciliación da vida familiar, laboral e persoal, a través da elaboración de Plans de conciliación que inclúen diagnose e medidas específicas en materia de conciliación.