Compromiso da Administración
- Toma da decisión e compromiso.
- Comunicación e difusión.
- Definición e creación do equipo de traballo, implicando a todos os actores sociais.
Elaboración
- Realización da diagnose sobre a situación da igualdade entre mulleres e homes.
- Elaboración de plans de igualdade para a aplicación do principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes na entidade cunha dobre vertente:
- Como organización laboral
- Como entidade xestora de servizos e políticas públicas.
- Deseño de sistemas de seguimento e avaliación dos plans de igualdade.
- Formación ós equipos técnicos e políticos, así como a axentes sociais en materia de xénero e igualdade entre mulleres e homes orientada á elaboración de plans de igualdade.
Implantación
- Asesoramento para a posta en marcha dos plans de igualdade.
- Formación ós equipos técnicos en materia de xénero e igualdade entre mulleres e homes para a implementación do plan de igualdade.
- Asesoramento técnico para o desenvolvemento de medidas contempladas nos plans de igualdade.
- Elaboración de materiais específicos para a implantación dos plans de igualdade.
Avaliación
- Deseño de indicadores de seguimento e avaliación de medidas e/ou plans de igualdade.
- Deseño de sistemas de seguemento e avaliación: contido e procedemento.
- Asesoramento para o deseño e desenvolvemento dos procesos de seguimento e avaliación.
- Avaliación do plan de igualdade.