As empresas atópanse con diversos tipos de conflitos froito da propia interrelación que a empresa ten no mercado. A mediación ofrece unha nova maneira de abordar os conflitos. A empresa e as avogadas/os de empresa deben valorar a mellor alternativa posible ante un conflito e nalgúns casos pode ser a vía legal pero en moitas situacións a mediación pode ofrecer respostas moito máis satisfactorias
Situacións conflitivas nas que pode ser útil unha intervención:
- Relacións entre empresa e provedor por falta de pagamentos, incumprimentos de contratos ou outras discrepancias.
- Conflitos entre empresa e clientas/es.
- Conflitos entre acredoras/es e empresa.
- Relacións entre persoas administradoras, socias, compravenda de participacións.
- Disolución de empresa, concursos de acredoras/es, sucesión de empresa.
Coa empresa familiar
A empresa familiar é un dos motores fundamentais na actividade económica. Este tipo de empresas, comparte co resto de sociedades as mesmas dificultades competitivas, pero ademais, deben afrontar e tentar xestionar as emocións que poidan xurdir, xa que para conseguir un óptimo clima laboral, é máis que recomendable saber xestionalas.
Os consultores tradicionais especializados en empresas de familia, cómpren un protocolo establecido que consiste en prestar atención aos traspasos xeracionais.
En Xeracción imos moito máis alá, adentrámonos nas relacións interpersoais, nas emocións que existen ou que se están fomentando ou nacendo entre as persoas implicadas.