As relacións laborais están tradicionalmente reguladas pola xurisdición social, pero non podemos esquecer que estamos ante relacións entre persoas, polo que o compoñente humano é moi importante e é aquí onde a mediación pode dar unha resposta aos conflitos subxacentes, e dar un espazo ao recoñecemento dos intereses e necesidades das persoas e as empresas .
Situacións conflitivas nas que pode ser útil unha intervención:
- Despedimentos procedentes e improcedentes.
- Expedientes de Regulación de Emprego.
- Reclamacións de salarios, liquidacións, indemnizacións facturas non satisfeitas a empresas ou traballadoras/es.
- Negociación de contratos laborais ou contratos mercantís.
- Faltas e sancións.
- Conciliación da vida laboral e familiar.
- Mobbing, acoso moral e outras vulneracións dos dereitos fundamentais.