As empresas e organizacións atópanse nun momento de cambio, evolucionando cara a modelos máis cooperativos e é por iso que a negociación  e a procura de consenso, son ferramentas importantes que permiten que as traballadoras/es se identifiquen cos obxectivos da empresa.

Neste novo contexto aparecen conflitos que poden ser traballados de forma preventiva a través da formación e nos casos nos que os conflitos xa estean latentes na organización e teñan consecuencias directas nas persoas ou na empresa, pode ser útil  traballar desde a mediación ou a aplicación de técnicas de resolución de conflitos grupais.

Situacións conflitivas nas que pode ser útil unha intervención:

  • Falta de entendemento entre equipos de traballo.
  • Conflitos interpersoais.
  • Diminución sobrevinda da produtividade da empresa.
  • Redención da empresa.
  • Diferenzas entre dirección e equipo de traballo.
  • Procura de acordos entre comités de empresa, sindicatos e empresa.

Os riscos psicosociais atopan a súa orixe en factores como os conflitos que se poden orixinar entre as persoas da organización; estes conflitos poden sen dúbida desembocar en resultados negativos para as organizacións. Dende Xeracción atrevémonos a afirmar a necesidade de implantar nas organizacións a mediación como unha ferramenta adecuada pera a resolver e previr conflitos xa que permitirá fomentar unha cultura na organización onde os valores que imperen sexan os de promover unhas adecuadas relacións persoais.