BLOG

DÍA DO XOGO NO PROGRAMA CONSTRUÍNDO COMUNIDADE

O día 29 de maio celebramos o día internacional do xogo cos nenos e nenas do Centro Cívico de As Termas e o pasamos en grande. A tarde contou con xogos de toda clase, dende a corda ata masaxes en cadea ou cantar e bailar cancións. Sen dúbida, unha xornada paCartaz Día Do XOGOra non esquecer. Tendo en conta o xogo en familia, ao final do día repartimos uns dosieres cheos de ideas para xogar xuntos durante 21 días, creando así un hábito maravilloso.

Que as aprendizaxes máis importantes das crianzas se fagan xogando quere dicir que teñen algo que contar. Ofrecerlle aos nosos nenos e nenas tempo libre e a posibilidade de elixir espazos de xogo fomentará que as súas experiencias sexan moito máis ricas e variadas.

Por iso no Día Internacional do Xogo, 28 de maio, quixemos rendirlle unha pequena homenaxe, celebrándoo como se merece o 29 de maio, dende o programa Construíndo Comunidade que levamos a cabo no Centro Cívico As Termas.

Porque xogar é un dereito, e nós ímolo festexar!

TARDE DE XOGOS POPULARES EN “AS TERMAS”

O luns 19 de marzo, pasamos unha tarde marabillosa de xogos populares no Centro Cívico “As Termas”, organizada en colaboración coa Asociación Veciñal “As Termas”.

20180320_123541-COLLAGE

Os xogos populares, como outros elementos culturais, conteñen diferentes concepcións que forman parte da sociedade, teñen unha dimensión lúdica e unha dimensión educativa, e son parte importante da convivencia e cooperación en grupo. E por suposto, supoñen actividade física e/ou mental moi positiva tanto para as crianzas como para as persoas maiores.

 

Posúen un gran valor socio-cultural que supera os aspectos lúdicos, pois cada xogo presenta diferentes características dependendo da zona na que se practica.

Aproveitar a actividade lúdica para crear espazos interxeracionais de aprendizaxe e de fomento de valores como a igualdade, a cooperación, o respecto e a solidariedade, proporciónanos deixar de lado escenarios e técnicas pouco motivacionais e menos naturais coas que se intenta forzar a creación de aprendizaxes, é unha necesidade para fomentar o desenrolo san dos nenos e nenas.
Agradecemos a participación de tódalas veciñas do Barrio, e por suposto o CCP Xaquín Lorenzo, pola cesión dos xogos e o apoio do seu Educador Lito Prado. Entre todas seguiremos construíndo comunidade e compartindo fabulosas i enriquecedoras experiencias.

This slideshow requires JavaScript.

Mulleres Transformando o barrio

28660951_1496425837135375_1424511427173597062_nEn colaboración coa Asociación Veciñal “As Termas”, o venres 9 de marzo de 2018, desenvolvimos unha acción reivindicativa no Centro Cívico “As Termas”, chea de accións que vindican a relevancia da muller na construción e transformación do noso barrio, da nosa vida comunitaria.

No mesmo acto, inauguramos a exposición fotográfica : “Unha Mirada Lilá”, onde a veciñanza mira o mundo cunha perspectiva feminista, para acadar ese mundo libre de machismo.

29101021_1501921106585848_989964432442392576_oContinuamos compartindo historias contadas en primeira persoa por mulleres que partillaron as súas vivenzas e fixemos a nosa homenaxe ás grandísimas Thetetasvan Van, grupo de música ourensán formado por mulleres, pola súa laboura incansable a prol da igualdade interpretando e bailando ao son da súa canción “As mozas son guerreiras”, nunha actuación organizada entre mulleres e crianzas do barrio.

29133035_1501921196585839_3096838417334403072_o.jpg

E despois de tanta troula puidemos disfrutar dunha fantástica merendola que nos prepararon no local da Asociación Veciñal As Termas.

Grazas a todas as persoas que participastes, xuntas seguiremos “Construíndo Comunidade”

 

PROXECTO DE ENVELLECEMENTO ACTIVO EN BAÑOS DE MOLGAS

O sábado 3 de febreiro, tivo lugar unha asemblea, na que participaron representantes de tódalas asociacións veciñais do Concello de Baños de Molgas. A finalidade era deseñar as acticvidades e o cronograma do Programa de Envellecemento Activo.IMG_20180203_120825623

Dentro do Proxecto, que responde ó traballo diagnóstico realizado pola Mesa promotora do Programa de Cidades Saudables da Unión Europea, levaranse a cabo actividades de desenrolo cognitivo (destinadas a traballar a memoria, atención, percepción…) e actividades destinadas a promocionar hábitos de vida saudable que melloren as condicións físicas da poboación do Concello (charlas, ximnasia de mantemento, pilates, andainas…).

Durante o mes de febreiro iniciouse a actividade en varias parroquias do Concello, a fin de achegalas a todos e tódalas veciñas.

 

ENTROIDO NO CENTRO CÍVICO DAS TERMAS

Co fin de achegar os máis cativos do barrio o Entroido da Provincia de Ourense, ó longo do mes de febreiro, levamos a cabo dentro do Programa Construíndo Comunidade, distintas actividades entroideiras para promocionar o seu coñecemento entre as crianzas.

Para isto guiámonos polo ciclo do Entroido, que ten nas diferentes vilas de Galiza distintas extensións. Tomamos como referencia o entroido que ten a súa distribución en cinco semanas, común a boa parte das comarcas ourensás. Non se trata do ciclo máis longo, pois este é o de Laza onde o ciclo comeza segundo se dan as badaladas o día de ano novo co primeiro folión. Tamén son en ocasións máis longos que o entroido de Xinzo da Limia ou o de Maceda, o entroido de Verín e o entroido de Vilariño de Conso, segundo en que momento de febreiro ou marzo caia o entroido pois en Verín o ciclo dá comezo o día de San Antón (17 de xaneiro) e en Vilariño de Conso o ciclo dá comezo o día de Candelas (2 de febreiro).

Realizamos as actividades, facendo un repaso ás máscaras de cada zona da provincia e percorrendo ás súas datas principais: Domingo fareleiro, Domingo oleiro, Xoves de compadres, Domingo corredoiro, Xoves de comadres, Domingo de entroido, Luns de entroido, Martes de entroido, Mércores de cinza i enterro da xardiña, e o Domingo de piñata.

This slideshow requires JavaScript.