PROGRAMA NEXOS DO CONCELLO DE OURENSE

Dende maio de 2018 traballamos co CIMM do Concello de Ourense no Programa Nexos, consistente nun grupo de apoio e crecemento persoal para a saúde integral de mulleres que atravesan por situacións de violencia de xénero.

O programa persegue facilitar un punto de encontro e de apredizaxe no que podan chegar a superar situacións iniciais de illamento, impotencia e indefensión, xerando un espazo de autocoidado e unha rede de apoio, colaboración e cooperación no que elas sexan as protagonistas ou axentes centrais do seu desenvolvemento.

Tanto na sociedade en xeral como nos colectivos profesionais que traballan con mulleres, constátase que os casos de violencia de xénero son cada día máis numerosos e revisten unha maior complexidade, debida, entre outras razóns, á incidencia da crise socioeconómica na que nos atopamos.

Propuxemos actividades grupais de celebración, saídas ó monte, acudir a concertos e outras actividades lúdicas que se organizaron na cidade no verán, para ter un espazo de encontro fóra do lugar do grupo semanal. Estas saídas contaron coas inquedanzas das participantes e as súas propostas. O noso papel foi o de facilitar a expresión dos desexos e necesidades sociais e lúdicas e a toma de decisións do grupo. Consideramos que este punto é clave para rachar co illamento das mulleres en situación de violencia de xénero. Pretendíase facilitar que as participantes reconectasen co pracer, cos gustos e pasatempos, así como crear e fortalecer as redes sociais e a familia afectiva

O grupo de apoio contou sempre cun servizo de canguraxe paralelo, para fomentar a participación e a conciliación.

PROXECTO CONVIVAMOS DA ASOCIACIÓN DE SENGALESES DE OURENSE

No 2018, o igual que fixemos no 2017, continuamos coa nosa colaboración con AISO.

IMG-20180911-WA0000.jpgDentro do Programa Convivamos, continuamos co Grupo de empoderamento, que naceu dunha das actividades do ano anterior, onde tras realizar unha Xornada de Empoderamento coas mulleres de AISO, xorde un grupo informal que cunha periodicidade mensual nos reunimos para por en común, reflexionar, debater… se trata dun espazo de crecemento persoal e social onde nos sentimos seguras, nos coidamos e medramos.

Tamén ofertamos un servizo de Asesoramento en Materia Laboral e de EstrCartaz asesoría.jpganxeiría, un servicio de acompañamento, información e orientación, co que buscamos servir como instrumento para orientar e informar, procurando salvar as diferencias lingüísticas e culturais con medios especializados, centrándonos na problemática especifica da persoa, asesorando en áreas de tipo educativo, servicios sociais, sanitarios e outros trámites administrativos, realizando un itinerario de acompañamento e apoio na xestión de servicios e recursos públicos e/ou privados que traballan na Comunidade.

O 20 de outubro de 13:00 a 20:00, levouse a cabo unha xornada Intercultural no Xardín do Posío, un día festivo no que a través da música, a comida, o baile, etc. buscouse visibilizar a cultura senegalesa. A programación contou cun xantar de convivencia onde se partillaron pratos típicos de Senegal, un desfile de traxes típicos de Senegal, musica e bailes tradicionais, así como unha exhibición de loita senegalesa. Traballáronse en pequenos grupos sobre cuestións e conceptos de convivencia, interculturalidade, diversidade cultural, etc.

O pase de diapositivas require JavaScript.

DINAMIZACIÓN DO BANCO DO TEMPO NO CONCELLO DE BAÑOS DE MOLGAS

O xoves 30 de agosto convocouse unha asemblea aberta no Concello de Baños de Molgas para quen estivese interesada en participar no equipo promotor do Banco do Tempo.

http://www.concellodemolgas.es/Blog/contenido/163/FOMENTO_DA_COOPERACION_VECINAL___BANCO_DE_TEMPO?fbclid=IwAR0pclD3xBkkE-qMfyCTTbH9TZVU5hWLwB2tM4BS2s2344izIJyFjrCYKpk

O ámbito municipal, pola súa proximidade á cidadanía e polo coñecemento da situación específica da súa poboación, é o idóneo para o desenvolvemento de accións tendentes a garantir a igualdade entre mulleres e homes, a prevención e a erradicación da violencia de xénero, así como para o establecemento das condicións que posibiliten a participación das mulleres na vida política, económica, cultural e social.

Trátase de modificar a posición de desigualdade e subordinación das mulleres en relación ós homes en tódolos ámbito se abordar os aspectos referidos á condición das mulleres, que ten que ver coas circunstancias materiais inmediatas nas que vive: ingresos, saúde, vivenda, etc., co fin de mellorar o seu benestar.

O papel do goberno local estará relacionado neste escenario coa función de estimular e orientar á poboación cara ao benestar colectivo e a convivencia cívica e democrática. Nesta reorganización e modo de xestión municipal xoga un papel determinante a introducción do principio de igualdade no desenvolvemento das políticas públicas.

O troque é unha forma primitiva do que hoxe coñecemos como economía colaborativa ou consumo colaborativo. Gracias a ela, a sociedade actual volve os seus orixes, ó intercambio de bes e servicios sen a necesidade de facer uso de moedas, a compartir en vez de acumular. Os cidadáns fan uso de verbos como intercambiar, prestar, compartir, canxear… para pasar dunha economía de produción a unha economía de consumo solidario, onde os recursos se utilizan de xeito máis eficiente.

É unha resposta clara e contundente ante os abusos do mercado actual, dos seus prezos, da desigualdade, do desperdicio de alimentos, dunha industria que fabrica obxectos que están ó alcance dun grupo restrinxido… i en vez de quedarse cruzada de brazos, a sociedade reacciona buscando novos camiños e se recupera o consumo colaborativo en tódalas vertentes: intercambio de roupa ou libros, automóviles compartidos, troque de alimentos, cambio de servicios… As posibilidades que ofrece a economía colaborativa son infinitas e so dependen das persoas, unha que ofreza algo e outra que o necesite.

Un bimg-20181006-wa0029anco do tempo é o exemplo perfecto do que é a economía colaborativa e do cambio que supón para a  sociedade por en práctica este tipo de consumo. Todos podemos ofrecer algo: os libros do curso pasado, a roupa que lle quedou pequena as crianzas, esa vídeo consola que leva anos gardada nun caixón, apoio no coidado de dependentes, a nosa experiencia como avogados, os nosos coñecementos de inglés… Y seguro que nos tamén necesitamos algo: unha praza de aparcamento preto o lugar de traballo, que nos axuden co noso primeiro CV, un libro de matemáticas, aprender a cociñar…

Dende Xeracción dinamizamos a formación do equipo promotor que se encargou da elaboración dos materiais. Cada  persoa  adscrita ó Banco do Tempo  dispón  dun  talonario  de  tempo  que utiliza no momento que solicita tempo de outra persoa para “pagar” algún servicio concreto que necesite. Se anotan os intercambios e se actualiza o saldo das contas correntes de tempo  para que non haxa desaxustes.

Implicaremos a outras organizacións da zoa, informándoos sobre a actividade do banco do tempo comunitario.

Non existe unha fórmula máxica que faga que un Banco do Tempo funcione ben. Unha comunidade de persoas baseada na axuda mutua non está exenta de grandes retos como por exemplo: conflitos, dificultade para confiar na nova moeda, falta de recursos, motivación ou compromiso. Todos estes retos solo se poden superar gracias á convicción e á perseverancia das persoas máis afíns ó proxecto.

Para que un Banco do Tempo funcione ben precisase investir tempo i esforzo. Debemos ter unha actitude proactiva que nos permita facer fronte e superar cada novo reto que se nos presente.

Debemos dar a coñecer o banco. Se a xente non coñece a existencia do banco do tempo, ninguén se unirá. É o momento de pórse en contacto con asociacións e axentes locais chave. Procuraremos informar moi claramencartaz asambleas veciñais _te de todo aquelo que se pode intercambiar como poderían ser tarefas domésticas, idiomas, clases de cociña, reparacións no fogar…

Para conseguir chegar á veciñanza, organizáronse reunións formativas durante o mes de setembro, para xente interesada no proxecto e facelo saber mediante carteis, redes sociais, dípticos explicativos para que calquera persoa con curiosidade poida entender facilmente que é un Banco do Tempo, como funciona e como pode pórse en contacto con nós.

DÍA DO XOGO NO PROGRAMA CONSTRUÍNDO COMUNIDADE

O día 29 de maio celebramos o día internacional do xogo cos nenos e nenas do Centro Cívico de As Termas e o pasamos en grande. A tarde contou con xogos de toda clase, dende a corda ata masaxes en cadea ou cantar e bailar cancións. Sen dúbida, unha xornada paCartaz Día Do XOGOra non esquecer. Tendo en conta o xogo en familia, ao final do día repartimos uns dosieres cheos de ideas para xogar xuntos durante 21 días, creando así un hábito maravilloso.

Que as aprendizaxes máis importantes das crianzas se fagan xogando quere dicir que teñen algo que contar. Ofrecerlle aos nosos nenos e nenas tempo libre e a posibilidade de elixir espazos de xogo fomentará que as súas experiencias sexan moito máis ricas e variadas.

Por iso no Día Internacional do Xogo, 28 de maio, quixemos rendirlle unha pequena homenaxe, celebrándoo como se merece o 29 de maio, dende o programa Construíndo Comunidade que levamos a cabo no Centro Cívico As Termas.

Porque xogar é un dereito, e nós ímolo festexar!

TARDE DE XOGOS POPULARES EN “AS TERMAS”

O luns 19 de marzo, pasamos unha tarde marabillosa de xogos populares no Centro Cívico “As Termas”, organizada en colaboración coa Asociación Veciñal “As Termas”.

20180320_123541-COLLAGE

Os xogos populares, como outros elementos culturais, conteñen diferentes concepcións que forman parte da sociedade, teñen unha dimensión lúdica e unha dimensión educativa, e son parte importante da convivencia e cooperación en grupo. E por suposto, supoñen actividade física e/ou mental moi positiva tanto para as crianzas como para as persoas maiores.

 

Posúen un gran valor socio-cultural que supera os aspectos lúdicos, pois cada xogo presenta diferentes características dependendo da zona na que se practica.

Aproveitar a actividade lúdica para crear espazos interxeracionais de aprendizaxe e de fomento de valores como a igualdade, a cooperación, o respecto e a solidariedade, proporciónanos deixar de lado escenarios e técnicas pouco motivacionais e menos naturais coas que se intenta forzar a creación de aprendizaxes, é unha necesidade para fomentar o desenrolo san dos nenos e nenas.
Agradecemos a participación de tódalas veciñas do Barrio, e por suposto o CCP Xaquín Lorenzo, pola cesión dos xogos e o apoio do seu Educador Lito Prado. Entre todas seguiremos construíndo comunidade e compartindo fabulosas i enriquecedoras experiencias.

O pase de diapositivas require JavaScript.