Festival de Nadal no programa Construíndo Comunidade

O 19 de decembro compartimos unha estupenda tarde no Centro cívico das Termas cos veciños e veciñas, no Festival de Nadal. Tivemos actuación de Aturuxo Teatro, baile e as crianzas do barrio nos deleitaron cunha actuación. Pechamos a tarde cun riquísimo chocolate. Marabilla a vida que hai neste barrio!!

O xoves, día 20 contamos coa visita do Pandingueiro, que nos agasallou con enredos e chocolate: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2018/12/23/pandigueiro-praza-200/0003_201812O23C11997.htm

O pase de diapositivas require JavaScript.

 

OBRADOIROS DE MEMORIA NO CONCELLO DE BAÑOS DE MOLGAS

cartaz memoriaEn colaboración co Concello de Baños de Molgas, realizáronse 9 talleres grupais de 8 sesións, entre os meses de marzo e abril de 2018 e 8 sesións entre os meses de outubro e novembro de 2018, en 9 locais sociais de asociacións veciñais, pertencentes a 9 parroquias distintas do Concello.

Consistiron en talleres de estimulación cognitiva para o mantemento das capacidades conservadas mediante o entrenamento das funcións cognitivas, a través de actividades de memoria, atención, razoamento, percepción, linguaxe, orientación espazo temporal, praxias e funcións executivas, procurando crear o hábito de realizar este tipo de actividades a diario para non perder funcións.

 

O 15 de decembro fixemos unha merenda colaborativa, na que as participantes aportaron doces e petiscos, repartimos os diplomas e compartimos xogos populares.

 

O pase de diapositivas require JavaScript.

PROGRAMA NEXOS DO CONCELLO DE OURENSE

Dende maio de 2018 traballamos co CIMM do Concello de Ourense no Programa Nexos, consistente nun grupo de apoio e crecemento persoal para a saúde integral de mulleres que atravesan por situacións de violencia de xénero.

O programa persegue facilitar un punto de encontro e de apredizaxe no que podan chegar a superar situacións iniciais de illamento, impotencia e indefensión, xerando un espazo de autocoidado e unha rede de apoio, colaboración e cooperación no que elas sexan as protagonistas ou axentes centrais do seu desenvolvemento.

Tanto na sociedade en xeral como nos colectivos profesionais que traballan con mulleres, constátase que os casos de violencia de xénero son cada día máis numerosos e revisten unha maior complexidade, debida, entre outras razóns, á incidencia da crise socioeconómica na que nos atopamos.

Propuxemos actividades grupais de celebración, saídas ó monte, acudir a concertos e outras actividades lúdicas que se organizaron na cidade no verán, para ter un espazo de encontro fóra do lugar do grupo semanal. Estas saídas contaron coas inquedanzas das participantes e as súas propostas. O noso papel foi o de facilitar a expresión dos desexos e necesidades sociais e lúdicas e a toma de decisións do grupo. Consideramos que este punto é clave para rachar co illamento das mulleres en situación de violencia de xénero. Pretendíase facilitar que as participantes reconectasen co pracer, cos gustos e pasatempos, así como crear e fortalecer as redes sociais e a familia afectiva

O grupo de apoio contou sempre cun servizo de canguraxe paralelo, para fomentar a participación e a conciliación.

PROXECTO CONVIVAMOS DA ASOCIACIÓN DE SENGALESES DE OURENSE

No 2018, o igual que fixemos no 2017, continuamos coa nosa colaboración con AISO.

IMG-20180911-WA0000.jpgDentro do Programa Convivamos, continuamos co Grupo de empoderamento, que naceu dunha das actividades do ano anterior, onde tras realizar unha Xornada de Empoderamento coas mulleres de AISO, xorde un grupo informal que cunha periodicidade mensual nos reunimos para por en común, reflexionar, debater… se trata dun espazo de crecemento persoal e social onde nos sentimos seguras, nos coidamos e medramos.

Tamén ofertamos un servizo de Asesoramento en Materia Laboral e de EstrCartaz asesoría.jpganxeiría, un servicio de acompañamento, información e orientación, co que buscamos servir como instrumento para orientar e informar, procurando salvar as diferencias lingüísticas e culturais con medios especializados, centrándonos na problemática especifica da persoa, asesorando en áreas de tipo educativo, servicios sociais, sanitarios e outros trámites administrativos, realizando un itinerario de acompañamento e apoio na xestión de servicios e recursos públicos e/ou privados que traballan na Comunidade.

O 20 de outubro de 13:00 a 20:00, levouse a cabo unha xornada Intercultural no Xardín do Posío, un día festivo no que a través da música, a comida, o baile, etc. buscouse visibilizar a cultura senegalesa. A programación contou cun xantar de convivencia onde se partillaron pratos típicos de Senegal, un desfile de traxes típicos de Senegal, musica e bailes tradicionais, así como unha exhibición de loita senegalesa. Traballáronse en pequenos grupos sobre cuestións e conceptos de convivencia, interculturalidade, diversidade cultural, etc.

O pase de diapositivas require JavaScript.