Premio Meninas 2021

O 22 de novembro de 2021 o Goberno estatal recoñeceu no Hostal dos Reis Católicos de Santiago a personalidades e colectivos con motivo da celebración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, polo seu traballo e loita contra a violencia machista, coa entrega dos galardóns da IV edición dos Premios Meninas 2021 de Galicia.

Nesta cuarta edición repartíronse cinco Premios Meninas ó Foro Feminista de Lugo, á cantante Guadi Galego, á Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia (Fademur), á exsecretaria de Igualdade do PSOE i escritora Paloma Rodríguez Vázquez, a título póstumo e a Xeracción Sociedade Cooperativa Galega.

Estamos moi agradecidas polo recoñecemento, pois sabemos que o noso compromiso social e político co feminismo de base na rúa, moitas veces nos convirte en ” incómodas” aos ollos da administración. Grazas a todas ás que directa e indirectamente construides ao noso carón cada día, pero sobre todo ás mulleres que nos confiades as vosas vivencias máis desgarradoras, porque sodes exemplo de xenerosidade e fortaleza. Compartir loita e camiño con vos é o noso mellor premio.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/ourense/2021/11/21/span-langgladvirten-faltan-recursos-publicos-eficaces-contra-violencia-machistaspan/0003_202111O21C3993.htm

Sementando cidadanía

O proxecto Sementando cidadanía leva en marcha dende o 2019. Actualmente estamos a constatar como a situación xerada pola pandemia da COVID19 empeorou a situación de vulnerabilidade de moitas familias, aumentandoa e revestíndoa dunha maior complexidade.  A situación é complexa porque a posibilidade de resposta das institucións viuse moi mermada, sendo a prioridade fundamental nestes momentos críticos a loita contra a pandemia e tamén se complican as situacións económicas das familias.

Dada a situación, ponse de manifesto a falta de recursos institucionais, o déficit de habilidades sociais das propias familias, as situacións económicas complexas, etc, se perpetuaron e ante esta realidade observamos que actualmente son tres xeracións as que en moitos casos teñen que compartir vivenda, ben porque a falta de recursos lles impediu independizarse da casa familiar ou ben porque a imposibilidade de conciliar decidiuse volver á mesma, incrementando así as situacións de conflicto dentro da propia unidade de convivencia familiar.

A familia é un subsistema onde as persoas aprenden a interactuar co seu medio, incrementar e fortalecer redes de apoio informal , é ademais a rede formal de apoio básico para os seus integrantes. A familia é o elemento básico para o desenvolvemento emocional das persoas. Por eso, dende esta perspectiva, coa posta en marcha deste proxecto espérase mellorar a interacción e unión entre os seus membros a través da comunicación,  definición de funcións e responsabilidades e solución de conflitos, mellorando así o sentimento pertenza comunidade.

SEMENTANDO CIDADANÍAE dende este concepto, presentamos o Proxecto sementando cidadanía, un servizo de apoio ás Familias, que complementa a intervención dos servizos sociais comunitarios a través dun servizo de orientación, información, atención, orientación e asesoramento persoal e social para a tramitación de prestacións e recursos da carteira de servizos sociais, asesoría en materia de tramites de estranxeiría e na búsqueda de emprego e acompañamento no itinerario de inserción. O programa tamén ofrece un servizo de atención, apoio e orientación psicolóxica e un servizo de Mediación comunitaria e familiar, demanda non resolta en ningún servizo público. Dende maio de 2021 incorporouse no programa un Servizo de apoio á adquisición de habilidades de coidado de dependentes debido a necesidade percibida neste eido. Unha persoa técnica oferta apoio domiciliario no coidado de menores, maiores en situación de dependencia e persoas con discapacidade e hábitos de vida saudable, ás persoas e familias con  necesidades e carencias neste ámbito. Desenvolverá un seguimento das pautas de hixiene, dieta equilibrada, economía doméstica e seguimentos sanitarios.

Servizo de orientación e apoio á inclusión sociolaboral

No momento actual o mercado laboral, sofre a destrucción de empregos en sectores moi golpeados pola crise do COVI19. No caso da poboación máis vulnerable, xa en situación de exclusión social antes da pandemia,a dificultade na búsqueda de emprego recrudécese.

Dada a situación, ponse de manifesto a falta de recursos institucionais, o déficit de habilidades sociais das propias familias, as situacións económicas complexas, etc, que se perpetuaron e ante esta realidade observamos que actualmente son tres xeracións as que en moitos casos teñen que compartir vivenda, ben porque a falta de recursos lles impediu independizarse da casa familiar ou ben porque a imposibilidade de conciliar decidiuse volver á mesma, incrementando así as situacións de conflicto dentro da propia unidade de convivencia familiar.

Por iso vimos a necesidade dende o Proxecto Sementando cidadanía de crear este novo espazo para apoiar na Inclusión sociolaboral e puxemos en marcha un servizo complementario ó Banco de alimentos repartidos en Servizos sociais, a través de axudas persoais máis especializadas, para adquirir produtos que non soen estar recollidos habitualmente, como para dietas especiais de alerxias, carne, peixe ou produtos básicos de hixiene.

Proxecto EnRedAdas

O programa pretende ser un recurso integral de atención personalizada e especializada a mulleres en situación de especial vulnerabilidade.

Persegue facilitar un punto de encontro e de apredizaxe no que podan chegar a superar situacións iniciais de illamento, impotencia e indefensión, xerando un espazo de autocoidado e unha rede de apoio, colaboración e cooperación no que elas sexan as protagonistas ou axentes centrais do seu desenvolvemento.

O proxecto comprende:

  • Servizo de orientación, información, atención, orientación e asesoramento persoal e social.
  • Servizo de atención, apoio e orientación psicolóxica individual.
  • Servizo de Mediación comunitaria e familiar.
  • Grupo de apoio.
Ponse a disposición das mulleres un servizo de canguraxe para a conciliación da vida persoal e familiar. Procuramos con esta proposta cubrir (no caso de necesidade) a atención ás nenas e nenos das mulleres que o requiran para asistir o grupo de apoio e realizar outras xestións.

Festival de Nadal no programa Construíndo Comunidade

O 19 de decembro compartimos unha estupenda tarde no Centro cívico das Termas cos veciños e veciñas, no Festival de Nadal. Tivemos actuación de Aturuxo Teatro, baile e as crianzas do barrio nos deleitaron cunha actuación. Pechamos a tarde cun riquísimo chocolate. Marabilla a vida que hai neste barrio!!

O xoves, día 20 contamos coa visita do Pandingueiro, que nos agasallou con enredos e chocolate: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2018/12/23/pandigueiro-praza-200/0003_201812O23C11997.htm

O pase de diapositivas require JavaScript.