O enfoque de Xénero enmárcase no contexto xeral de desenvolvemento de políticas de Igualdade de Oportunidades e ten a súa razón de ser na necesidade de considerar as diferencias entre homes e mulleres para identificar e reducir as desigualdades existentes.
Trátase dun enfoque de traballo dende criterios de Igualdade de Oportunidades para integrar de forma sistemática a perspectiva de xénero no conxunto das políticas xerais en diversos ámbitos.
Trátase dunha ferramenta válida para detectar todo aquelo que tradicionalmente permaneceu invisible, necesidades, expectativas e perspectivas das mulleres, pero sen esquecer que as Políticas de Igualdade non son só cousa de mulleres senón que responden a un interese xeral.
A integración da perspectiva de xénero é unha estratexia de detección de discriminación en base á revisión de hábitos, procedementos e actitudes nos diferentes ámbitos.
Trátase de modificar a posición de desigualdade e subordinación das mulleres en relación ós homes en todos os ámbitos se abordan os aspectos referidos á condición das mulleres, que ten que ver coas circunstancias materiais inmediatas nas que vive: ingresos, saúde, vivenda, etc., co fin de mellorar o seu benestar.
O papel do goberno local estará relacionado neste escenario coa función de estimular e orientar á poboación cara ao benestar colectivo e a convivencia cívica e democrática. Nesta reorganización e modo de xestión municipal xoga un papel determinante a introducción do principio de igualdade no desenvolvemento das políticas públicas.
A nosa actuación estará dirixida cara a consecución dunha forma de vivir a cidadanía que incorpore a perspectiva de xénero na súa totalidade, involucrando na convivencia cidadá a todos os axentes con responsabilidades específicas na actuación pública e á poboación en xeral.