Estamos moi contentas de amosarvos a nosa oficina móbil, que supón un paso máis dentro do programa Sementando Cidadanía, un servizo de apoio ás familias a través de servizos de orientación laboral, apoio psicosocial e mediación.

Así, esta furgoneta permitirá que melloremos o programa, que inclúe información, atención e asesoramento persoal e social para a tramitación de prestacións sociais, así como asesoría en materia de trámites de estranxeiría e na búsqueda de emprego. Tamén ofrecemos atención, apoio e orientación psicolóxica, así como mediación comunitaria e familiar, unha demanda non resolta en ningún servizo público.

En moitas ocasións, a xeografía da provincia, sumada ao déficit de cobertura social das administracións, ás dificultades para desplazarse e á carencia dun transporte público de calidade, deixan abandonadas e soas ás veciñas do rural, que teñen os mesmos dereitos de ser atendidas cas que viven en vilas e cidades.

A furgoneta foi financiada con fondos ao abeiro de medida Leader cofinanciada co Feader. Agradecemos da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, do Ministerio de Agricultura, pesca e alimentación, de AGADER e ADERCOU.

Agradecemos tamén a AIS O Peto o apoio a esta inciativa a través dun anticipo da subvención para que puidesemos lograr por en marcha este proxecto.

Asociación por un Interese Solidario “O Peto” é unha asociación sen ánimo de lucro que alenta e propón unha economía ao servizo da persoa. Que se encadra no entramado da economía alternativa e concretamente no nivel micro, local, da banca ética. É autoxestionaria e promove unha forma solidaria de aforro e de investimento ético a través de microcréditos a proxectos diversos. Xa que toda decisión económica é, no último termo, unha decisión ética.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s