O proxecto Sementando cidadanía leva en marcha dende o 2019. Actualmente estamos a constatar como a situación xerada pola pandemia da COVID19 empeorou a situación de vulnerabilidade de moitas familias, aumentandoa e revestíndoa dunha maior complexidade. A situación é complexa porque a posibilidade de resposta das institucións viuse moi mermada, sendo a prioridade fundamental nestes momentos críticos a loita contra a pandemia e tamén se complican as situacións económicas das familias.
Dada a situación, ponse de manifesto a falta de recursos institucionais, o déficit de habilidades sociais das propias familias, as situacións económicas complexas, etc, se perpetuaron e ante esta realidade observamos que actualmente son tres xeracións as que en moitos casos teñen que compartir vivenda, ben porque a falta de recursos lles impediu independizarse da casa familiar ou ben porque a imposibilidade de conciliar decidiuse volver á mesma, incrementando así as situacións de conflicto dentro da propia unidade de convivencia familiar.
A familia é un subsistema onde as persoas aprenden a interactuar co seu medio, incrementar e fortalecer redes de apoio informal , é ademais a rede formal de apoio básico para os seus integrantes. A familia é o elemento básico para o desenvolvemento emocional das persoas. Por eso, dende esta perspectiva, coa posta en marcha deste proxecto espérase mellorar a interacción e unión entre os seus membros a través da comunicación, definición de funcións e responsabilidades e solución de conflitos, mellorando así o sentimento pertenza comunidade.
E dende este concepto, presentamos o Proxecto sementando cidadanía, un servizo de apoio ás Familias, que complementa a intervención dos servizos sociais comunitarios a través dun servizo de orientación, información, atención, orientación e asesoramento persoal e social para a tramitación de prestacións e recursos da carteira de servizos sociais, asesoría en materia de tramites de estranxeiría e na búsqueda de emprego e acompañamento no itinerario de inserción. O programa tamén ofrece un servizo de atención, apoio e orientación psicolóxica e un servizo de Mediación comunitaria e familiar, demanda non resolta en ningún servizo público. Dende maio de 2021 incorporouse no programa un Servizo de apoio á adquisición de habilidades de coidado de dependentes debido a necesidade percibida neste eido. Unha persoa técnica oferta apoio domiciliario no coidado de menores, maiores en situación de dependencia e persoas con discapacidade e hábitos de vida saudable, ás persoas e familias con necesidades e carencias neste ámbito. Desenvolverá un seguimento das pautas de hixiene, dieta equilibrada, economía doméstica e seguimentos sanitarios.