Servizo de orientación e apoio á inclusión sociolaboral
No momento actual o mercado laboral, sofre a destrucción de empregos en sectores moi golpeados pola crise do COVI19. No caso da poboación máis vulnerable, xa en situación de exclusión social antes da pandemia,a dificultade na búsqueda de emprego recrudécese.
Dada a situación, ponse de manifesto a falta de recursos institucionais, o déficit de habilidades sociais das propias familias, as situacións económicas complexas, etc, que se perpetuaron e ante esta realidade observamos que actualmente son tres xeracións as que en moitos casos teñen que compartir vivenda, ben porque a falta de recursos lles impediu independizarse da casa familiar ou ben porque a imposibilidade de conciliar decidiuse volver á mesma, incrementando así as situacións de conflicto dentro da propia unidade de convivencia familiar.
Por iso vimos a necesidade de crear un espazo para apoiar na Inclusión sociolaboral e puxemos en marcha O servizo de orientación e apoio á inclusión sociolaboral básico financiado pola Dirección Xeral de inclusión social da Consellería de Politica social coa convocatoria BS631A.
Somos unha cooperativa de traballo asociado que presta os seus servizos de Intervención socio-comunitaria a entidades, públicas e privadas, e particulares, baixo os principios de xustiza social, igualdade, responsabilidade colectiva, respecto á diversidade e axuda mutua.
XERACCIÓN está formada por un conxunto de persoas, procedentes de diversos ámbitos da acción social (integración social, mediación social, traballo social e psicoloxía) implicadas no pulo do desenvolvemento comunitario, e que asume como premisa a necesidade de profundizar na democracia participativa e a participación social como formas de mellorar a vida comunitaria.
A súa metodoloxía baséase no coñecemento das comunidades a través da investigación social, o traballo de campo e a escoita activa, utilizando métodos abertos e participativos, creando espazos para a reflexión e a creatividade. A nosa planificación e acción caracterízase póla fexibilidade para cubrir a maior parte das necesidades que se poidan presentar e a capacidade de adaptación.
Ver todos os artigos de Xeraccion