O programa pretende ser un recurso integral de atención personalizada e especializada a mulleres en situación de especial vulnerabilidade.
Persegue facilitar un punto de encontro e de apredizaxe no que podan chegar a superar situacións iniciais de illamento, impotencia e indefensión, xerando un espazo de autocoidado e unha rede de apoio, colaboración e cooperación no que elas sexan as protagonistas ou axentes centrais do seu desenvolvemento.
O proxecto comprende:
- Servizo de orientación, información, atención, orientación e asesoramento persoal e social.
- Servizo de atención, apoio e orientación psicolóxica individual.
- Servizo de Mediación comunitaria e familiar.
- Grupo de apoio.
Ponse a disposición das mulleres un servizo de canguraxe para a conciliación da vida persoal e familiar. Procuramos con esta proposta cubrir (no caso de necesidade) a atención ás nenas e nenos das mulleres que o requiran para asistir o grupo de apoio e realizar outras xestións.
Gústame esto:
Gústame Cargando...
Relacionado
Publicado por Xeraccion
Somos unha cooperativa de traballo asociado que presta os seus servizos de Intervención socio-comunitaria a entidades, públicas e privadas, e particulares, baixo os principios de xustiza social, igualdade, responsabilidade colectiva, respecto á diversidade e axuda mutua.
XERACCIÓN está formada por un conxunto de persoas, procedentes de diversos ámbitos da acción social (integración social, mediación social, traballo social e psicoloxía) implicadas no pulo do desenvolvemento comunitario, e que asume como premisa a necesidade de profundizar na democracia participativa e a participación social como formas de mellorar a vida comunitaria.
A súa metodoloxía baséase no coñecemento das comunidades a través da investigación social, o traballo de campo e a escoita activa, utilizando métodos abertos e participativos, creando espazos para a reflexión e a creatividade. A nosa planificación e acción caracterízase póla fexibilidade para cubrir a maior parte das necesidades que se poidan presentar e a capacidade de adaptación.
Ver todos os artigos de Xeraccion