PROXECTO SEMENTANDO CIDADANÍA

Xeracción S, Coop Galega inicia este novo proxecto na cidade de Ourense, que busca promover o benestar das familias participantes potenciando os factores de protección e minimizando os factores de risco que se atopan na contorna familiar para poder levar a cabo unha verdadeira prevención. Así mesmo, preténdese incrementar as competencias das persoas e das familias para que poidan satisfacer as súas necesidades, resolver as súas situacións problemáticas e mobilizar os recursos persoais e sociais necesarios para
mellorar a autonomía e o control.

Dende esta perspectiva analizamos como a falta de recursos institucionais, o déficit de habilidades sociais das propias familias, as situacións económicas complexas, etc, se perpetuaron e ante esta realidade observamos que actualmente son tres xeracións as que en moitos casos teñen que compartir vivenda, ben porque a falta de recursos lles impediu independizarse da casa familiar ou ben porque a imposibilidade de conciliar decidiuse volver á mesma, incrementando así as situacións de conflicto dentro da propia
unidade de convivencia familiar.

Cartaz Sementando cidadanía

A familia é un subsistema onde as persoas aprenden a interactuar co seu medio, incrementar e fortalecer redes de apoio informal , é ademais a rede formal de apoio básico para os seus integrantes. A familia é o elemento básico para o desenvolvemento emocional das persoas. Por eso, dende esta perspectiva, coa posta en marcha deste proxecto espérase mellorar a interacción e unión entre os seus membros a través da comunicación,  definición de funcións e responsabilidades e solución de conflitos, mellorando así o sentimento pertenza comunidade.

E dende este concepto, presentamos o Proxecto sementando cidadanía, un servizo de apoio ás Familias, que complementa a intervención dos servizos sociais comunitarios e oferta un servizo de mediación en conflictos, demanda non resolta en ningún servizo público.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s