Dende maio de 2018 traballamos co CIMM do Concello de Ourense no Programa Nexos, consistente nun grupo de apoio e crecemento persoal para a saúde integral de mulleres que atravesan por situacións de violencia de xénero.

O programa persegue facilitar un punto de encontro e de apredizaxe no que podan chegar a superar situacións iniciais de illamento, impotencia e indefensión, xerando un espazo de autocoidado e unha rede de apoio, colaboración e cooperación no que elas sexan as protagonistas ou axentes centrais do seu desenvolvemento.

Tanto na sociedade en xeral como nos colectivos profesionais que traballan con mulleres, constátase que os casos de violencia de xénero son cada día máis numerosos e revisten unha maior complexidade, debida, entre outras razóns, á incidencia da crise socioeconómica na que nos atopamos.

Propuxemos actividades grupais de celebración, saídas ó monte, acudir a concertos e outras actividades lúdicas que se organizaron na cidade no verán, para ter un espazo de encontro fóra do lugar do grupo semanal. Estas saídas contaron coas inquedanzas das participantes e as súas propostas. O noso papel foi o de facilitar a expresión dos desexos e necesidades sociais e lúdicas e a toma de decisións do grupo. Consideramos que este punto é clave para rachar co illamento das mulleres en situación de violencia de xénero. Pretendíase facilitar que as participantes reconectasen co pracer, cos gustos e pasatempos, así como crear e fortalecer as redes sociais e a familia afectiva

O grupo de apoio contou sempre cun servizo de canguraxe paralelo, para fomentar a participación e a conciliación.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s