O día 29 de maio celebramos o día internacional do xogo cos nenos e nenas do Centro Cívico de As Termas e o pasamos en grande. A tarde contou con xogos de toda clase, dende a corda ata masaxes en cadea ou cantar e bailar cancións. Sen dúbida, unha xornada pa
ra non esquecer. Tendo en conta o xogo en familia, ao final do día repartimos uns dosieres cheos de ideas para xogar xuntos durante 21 días, creando así un hábito maravilloso.
Que as aprendizaxes máis importantes das crianzas se fagan xogando quere dicir que teñen algo que contar. Ofrecerlle aos nosos nenos e nenas tempo libre e a posibilidade de elixir espazos de xogo fomentará que as súas experiencias sexan moito máis ricas e variadas.
Por iso no Día Internacional do Xogo, 28 de maio, quixemos rendirlle unha pequena homenaxe, celebrándoo como se merece o 29 de maio, dende o programa Construíndo Comunidade que levamos a cabo no Centro Cívico As Termas.
Porque xogar é un dereito, e nós ímolo festexar!
Gústame esto:
Gústame Cargando...
Relacionado
Publicado por Xeraccion
Somos unha cooperativa de traballo asociado que presta os seus servizos de Intervención socio-comunitaria a entidades, públicas e privadas, e particulares, baixo os principios de xustiza social, igualdade, responsabilidade colectiva, respecto á diversidade e axuda mutua.
XERACCIÓN está formada por un conxunto de persoas, procedentes de diversos ámbitos da acción social (integración social, mediación social, traballo social e psicoloxía) implicadas no pulo do desenvolvemento comunitario, e que asume como premisa a necesidade de profundizar na democracia participativa e a participación social como formas de mellorar a vida comunitaria.
A súa metodoloxía baséase no coñecemento das comunidades a través da investigación social, o traballo de campo e a escoita activa, utilizando métodos abertos e participativos, creando espazos para a reflexión e a creatividade. A nosa planificación e acción caracterízase póla fexibilidade para cubrir a maior parte das necesidades que se poidan presentar e a capacidade de adaptación.
Ver todos os artigos de Xeraccion