O luns 19 de marzo, pasamos unha tarde marabillosa de xogos populares no Centro Cívico “As Termas”, organizada en colaboración coa Asociación Veciñal “As Termas”.

Os xogos populares, como outros elementos culturais, conteñen diferentes concepcións que forman parte da sociedade, teñen unha dimensión lúdica e unha dimensión educativa, e son parte importante da convivencia e cooperación en grupo. E por suposto, supoñen actividade física e/ou mental moi positiva tanto para as crianzas como para as persoas maiores.
Posúen un gran valor socio-cultural que supera os aspectos lúdicos, pois cada xogo presenta diferentes características dependendo da zona na que se practica.
Aproveitar a actividade lúdica para crear espazos interxeracionais de aprendizaxe e de fomento de valores como a igualdade, a cooperación, o respecto e a solidariedade, proporciónanos deixar de lado escenarios e técnicas pouco motivacionais e menos naturais coas que se intenta forzar a creación de aprendizaxes, é unha necesidade para fomentar o desenrolo san dos nenos e nenas.
Agradecemos a participación de tódalas veciñas do Barrio, e por suposto o CCP Xaquín Lorenzo, pola cesión dos xogos e o apoio do seu Educador Lito Prado. Entre todas seguiremos construíndo comunidade e compartindo fabulosas i enriquecedoras experiencias.
O pase de diapositivas require JavaScript.
Gústame esto:
Gústame Cargando...
Relacionado
Publicado por Xeraccion
Somos unha cooperativa de traballo asociado que presta os seus servizos de Intervención socio-comunitaria a entidades, públicas e privadas, e particulares, baixo os principios de xustiza social, igualdade, responsabilidade colectiva, respecto á diversidade e axuda mutua.
XERACCIÓN está formada por un conxunto de persoas, procedentes de diversos ámbitos da acción social (integración social, mediación social, traballo social e psicoloxía) implicadas no pulo do desenvolvemento comunitario, e que asume como premisa a necesidade de profundizar na democracia participativa e a participación social como formas de mellorar a vida comunitaria.
A súa metodoloxía baséase no coñecemento das comunidades a través da investigación social, o traballo de campo e a escoita activa, utilizando métodos abertos e participativos, creando espazos para a reflexión e a creatividade. A nosa planificación e acción caracterízase póla fexibilidade para cubrir a maior parte das necesidades que se poidan presentar e a capacidade de adaptación.
Ver todos os artigos de Xeraccion