En colaboración coa Asociación Veciñal “As Termas”, o venres 9 de marzo de 2018, desenvolvimos unha acción reivindicativa no Centro Cívico “As Termas”, chea de accións que vindican a relevancia da muller na construción e transformación do noso barrio, da nosa vida comunitaria.
No mesmo acto, inauguramos a exposición fotográfica : “Unha Mirada Lilá”, onde a veciñanza mira o mundo cunha perspectiva feminista, para acadar ese mundo libre de machismo.
Continuamos compartindo historias contadas en primeira persoa por mulleres que partillaron as súas vivenzas e fixemos a nosa homenaxe ás grandísimas Thetetasvan Van, grupo de música ourensán formado por mulleres, pola súa laboura incansable a prol da igualdade interpretando e bailando ao son da súa canción “As mozas son guerreiras”, nunha actuación organizada entre mulleres e crianzas do barrio.

E despois de tanta troula puidemos disfrutar dunha fantástica merendola que nos prepararon no local da Asociación Veciñal As Termas.
Grazas a todas as persoas que participastes, xuntas seguiremos “Construíndo Comunidade”
Gústame esto:
Gústame Cargando...
Relacionado
Publicado por Xeraccion
Somos unha cooperativa de traballo asociado que presta os seus servizos de Intervención socio-comunitaria a entidades, públicas e privadas, e particulares, baixo os principios de xustiza social, igualdade, responsabilidade colectiva, respecto á diversidade e axuda mutua.
XERACCIÓN está formada por un conxunto de persoas, procedentes de diversos ámbitos da acción social (integración social, mediación social, traballo social e psicoloxía) implicadas no pulo do desenvolvemento comunitario, e que asume como premisa a necesidade de profundizar na democracia participativa e a participación social como formas de mellorar a vida comunitaria.
A súa metodoloxía baséase no coñecemento das comunidades a través da investigación social, o traballo de campo e a escoita activa, utilizando métodos abertos e participativos, creando espazos para a reflexión e a creatividade. A nosa planificación e acción caracterízase póla fexibilidade para cubrir a maior parte das necesidades que se poidan presentar e a capacidade de adaptación.
Ver todos os artigos de Xeraccion