O sábado 3 de febreiro, tivo lugar unha asemblea, na que participaron representantes de tódalas asociacións veciñais do Concello de Baños de Molgas. A finalidade era deseñar as acticvidades e o cronograma do Programa de Envellecemento Activo.
Dentro do Proxecto, que responde ó traballo diagnóstico realizado pola Mesa promotora do Programa de Cidades Saudables da Unión Europea, levaranse a cabo actividades de desenrolo cognitivo (destinadas a traballar a memoria, atención, percepción…) e actividades destinadas a promocionar hábitos de vida saudable que melloren as condicións físicas da poboación do Concello (charlas, ximnasia de mantemento, pilates, andainas…).
Durante o mes de febreiro iniciouse a actividade en varias parroquias do Concello, a fin de achegalas a todos e tódalas veciñas.
Gústame esto:
Gústame Cargando...
Relacionado
Publicado por Xeraccion
Somos unha cooperativa de traballo asociado que presta os seus servizos de Intervención socio-comunitaria a entidades, públicas e privadas, e particulares, baixo os principios de xustiza social, igualdade, responsabilidade colectiva, respecto á diversidade e axuda mutua.
XERACCIÓN está formada por un conxunto de persoas, procedentes de diversos ámbitos da acción social (integración social, mediación social, traballo social e psicoloxía) implicadas no pulo do desenvolvemento comunitario, e que asume como premisa a necesidade de profundizar na democracia participativa e a participación social como formas de mellorar a vida comunitaria.
A súa metodoloxía baséase no coñecemento das comunidades a través da investigación social, o traballo de campo e a escoita activa, utilizando métodos abertos e participativos, creando espazos para a reflexión e a creatividade. A nosa planificación e acción caracterízase póla fexibilidade para cubrir a maior parte das necesidades que se poidan presentar e a capacidade de adaptación.
Ver todos os artigos de Xeraccion