Nunha sociedade que busca desgastar as comunidades e fomentar o individualismo, precisamos forza e profundidade, emoción e pensamento. Sobre todo é fundamental compartir coas máis pequenas estes valores e sentimento de comunidade para que non caian no esquecemento.

Con este obxecto, o 24 de febreiro, aniversario do nacemento da autora, propuxemos algunhas actividades para conmemorar este día, cos nenos e nenas no Centro cívico das Termas. Rememoramos a traves dun mural a figura e os versos de Rosalía, co fin de manter vivo o seu legado na memoria das crianzas.
Gústame esto:
Gústame Cargando...
Relacionado
Publicado por Xeraccion
Somos unha cooperativa de traballo asociado que presta os seus servizos de Intervención socio-comunitaria a entidades, públicas e privadas, e particulares, baixo os principios de xustiza social, igualdade, responsabilidade colectiva, respecto á diversidade e axuda mutua.
XERACCIÓN está formada por un conxunto de persoas, procedentes de diversos ámbitos da acción social (integración social, mediación social, traballo social e psicoloxía) implicadas no pulo do desenvolvemento comunitario, e que asume como premisa a necesidade de profundizar na democracia participativa e a participación social como formas de mellorar a vida comunitaria.
A súa metodoloxía baséase no coñecemento das comunidades a través da investigación social, o traballo de campo e a escoita activa, utilizando métodos abertos e participativos, creando espazos para a reflexión e a creatividade. A nosa planificación e acción caracterízase póla fexibilidade para cubrir a maior parte das necesidades que se poidan presentar e a capacidade de adaptación.
Ver todos os artigos de Xeraccion