
O 28 de novembro de 2017, tivemos o privilexio de poder abodar a violencia machista nun contexto tan axitado como é o educativo. Traballamos os tipos de violencias, como detetalas e os diversos estereotipos existentes.
Pois si, grazas á equipa docente do IES Ricardo Mella de Vigo, xente comprometida e implicada en construir unha cidadanía en pé de igualdade, tivemos a oportunidade de analizar, escoitar, reflexionar e desmontar mitos entorno á violencia machist
a.
Mil grazas á mocidade que participou tan activamente durante a xornada, foi xenial aprender con vós!!!! Porque é dende a educación dende onde mellor se combate o machismo.
Gústame esto:
Gústame Cargando...
Relacionado
Publicado por Xeraccion
Somos unha cooperativa de traballo asociado que presta os seus servizos de Intervención socio-comunitaria a entidades, públicas e privadas, e particulares, baixo os principios de xustiza social, igualdade, responsabilidade colectiva, respecto á diversidade e axuda mutua.
XERACCIÓN está formada por un conxunto de persoas, procedentes de diversos ámbitos da acción social (integración social, mediación social, traballo social e psicoloxía) implicadas no pulo do desenvolvemento comunitario, e que asume como premisa a necesidade de profundizar na democracia participativa e a participación social como formas de mellorar a vida comunitaria.
A súa metodoloxía baséase no coñecemento das comunidades a través da investigación social, o traballo de campo e a escoita activa, utilizando métodos abertos e participativos, creando espazos para a reflexión e a creatividade. A nosa planificación e acción caracterízase póla fexibilidade para cubrir a maior parte das necesidades que se poidan presentar e a capacidade de adaptación.
Ver todos os artigos de Xeraccion