Este 25 de novembro estivemos en Baños de Molgas compartindo unha xornada entre mulleres traballando a nosa autoestima e reflexionando sobre as causas das violencias machistas.
Comezamos dende a reflexión de por que un taller de autodefensa emocional? ¿Contra que temos que defendernos como mulleres?

Tras a identificación das violencias machistas, reflexionamos sobre as súas causas e consecuencias, tanto as máis visibles e as menos invisibles e como enfrontarnos a elas traballando no noso propio empoderamento, a súa vinculación coa autoestima e a importancia da sororidade, do apoio mutuo entre mulleres.
Resultou unha xornada moi enriquecedora e divertida, onde partillamos con mulleres de entre 16 e 80 anos.
Gústame esto:
Gústame Cargando...
Relacionado
Publicado por Xeraccion
Somos unha cooperativa de traballo asociado que presta os seus servizos de Intervención socio-comunitaria a entidades, públicas e privadas, e particulares, baixo os principios de xustiza social, igualdade, responsabilidade colectiva, respecto á diversidade e axuda mutua.
XERACCIÓN está formada por un conxunto de persoas, procedentes de diversos ámbitos da acción social (integración social, mediación social, traballo social e psicoloxía) implicadas no pulo do desenvolvemento comunitario, e que asume como premisa a necesidade de profundizar na democracia participativa e a participación social como formas de mellorar a vida comunitaria.
A súa metodoloxía baséase no coñecemento das comunidades a través da investigación social, o traballo de campo e a escoita activa, utilizando métodos abertos e participativos, creando espazos para a reflexión e a creatividade. A nosa planificación e acción caracterízase póla fexibilidade para cubrir a maior parte das necesidades que se poidan presentar e a capacidade de adaptación.
Ver todos os artigos de Xeraccion