Comezamos na Asociación Veciñal das Termas os obradoiros de desenrolo cognitivo dentro do Pograma Envellecemento activo no Barrio.

O envellecemento poboacional é unha realidade en continuo crecemento que trae consigo un aumento de problemas e de trastornos emocionais que limitan esta etapa e producen un aumento da dependencia e baixa calidade de vida.

IMG-20171005-WA0005Ante esta situación xorde a necesidade social de afrontar de xeito activo este incremento da dependencia, fomentando actuacións preventivas que contribuan a reducila, impidan o seu agravamento ou atenuen as súas consecuencias, procurando o benestar e a calidade de vida das persoas a medida que envellecen.

Por outro lado este segmento poboacional é moi heteroxéneo, xa que non presentan as mesmas necesidades unha persoa preto da xubilación ca unha persoa octoxenaria, por tanto as accións dirixidas han de procurar reflexar os intereses de cada un.

A importancia dos programas de envellecemento activo radica no valor que ten poder aumentar a autonomía persoal e retrasar as posibles situacións de dependencia e a aparición de facores de vulnerabilidade.

Dende Xeracción cremos firmemente no empoderamento dos nosos maiores, na necesidade social de voltar cara unha visión positiva da vellez e romper cos prexuízos que se aplican a esta etapa vital, como enfermidade, incapacidade para aprender e adaptarse aos cambios.

En definitiva facer desta etapa vital unha experiencia positiva, plena e segura, onde toma valor a experiencia e a sabedoría, a tranquilidade e a serenidade, a loita e o sacrificio.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s