O pasado sábado 7 de outubro rematou a primeira edición do curso de galego para inmigrantes organizado pola Asociaciación de senegales de Ourense.

IMG-20171007-WA0018Existen diferenzas culturais profundas entre os migrantes e a sociedade que os acolle, polo que se fai indispensable establecer unhas bases para poder vivir nunha sociedade intercultural, baixo os principios de solidariedade e igualdade de oportunidades. É necesaria unha vocación de respecto e solidariedade, e niso habemos de pensar para poder presentar unha educación para unha convivencia intercultural.

IMG-20171007-WA0007As persoas migrantes necesitan, en primeira instancia, satisfacer as súas necesidades básicas de subsistencia e relación no plano laboral, familiar, sanitario, xurídico e social. O coñecemento da nosa lingua, o galego, convértese no instrumento de diálogo, entendemento e colaboración entre persoas que comparten experiencias e proxectos sociolaborais, que viven aquí e agora. A clase de lingua debe ser, pois, o lugar desde o que se tendan as pontes cara á súa nova vida.

Dende AISO contemplaron como unha necesidade a formación de obradoiros para ó achegamento á cultura galega e a adquisición de coñecementos en lingua galega.

Non podemos esquecernos de agradecer á Agrupación veciñal Miño por ceder o espazo para a realización do curso.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s