O pasado mes de xuño, o Concello de Baños de Molgas adheriuse a estratexia de promoción da saúde e prevención.
O obxectivo da estratexia é fomentar a saúde e o benestar da poboación promovendo os estilos de vida saudables e potenciando a seguridade.
A estratexia, supón unha oportunidade para integrar e coordinar os esforzos de promoción da saúde e da prevención entre tódolos niveis, sectores e actores implicados.
Este mércores, día 20 de setembro, tivo lugar a constitución da mesa intersectorial da estratexia no Concello de Baños de Molgas. A mesa ten por obxecto realizar a contextualización, desenvolvemento, coordinación, seguimento e avaliación da implementación das intervencións relacionadas coa Estratexia no seu territorio.
Xeracción, encargarase da dinamización do traballo da mesa e do fomento da participación cidadá no diagnóstico e proposta de medidas a implantar dentro da estratexia.
A intervención dirixirase a toda a poboación en xeral. Pero non podemos esquecernos de ter en conta a diversidade das persoas e as súas características. Centraremos os noso esforzos na poboación dependente, na infantil e adolescente, así como na terceira idade.
Os factores prioritarios nos que traballar serán a Actividade física, Alimentación saudable, Consumo de tabaco, Consumo de alcohol, Benestar emocional e Seguridade do entorno.
Para posibilitar esta mellora da saúde e o benestar da poboación é necesaria a implicación e coordinación de sectores que desenvolvan políticas e actividades con impacto na saúde como educación, benestar social, medioambente, traballo e inmigración, urbanismo e planificación do territorio, transporte e mobilidade activa, ou economía e facenda.
É necesario que dende o entorno local traballemos xuntos e xuntas, articulando os mecanismos necesarios para participar na mellora do noso municipio.
Pódese consultar a información e toda a documentación da estratexia na páxina web do ministerio.