Cartaz xornada voluntariado

 

O 14 de setembro, tivo lugar na Asociación de Viudas Maria Andrea de Ourense, unha charla para promover e difundir a figura do voluntariado.

Partillamos sobre as motivacións persoais, razóns e intereses, para optar a ser voluntaria.

Compartimos ideas e alternativas sobre o xeito de poder aplicalas no ben común, sobre como facer realidade os retos que temos no interior cooperando coa xente que ten as túas mesmas inquietudes e así, cóbado con cóbado, facer un mundo cada vez máis humano e solidario.

 

Aprobeitamos a ocasión, para dar a coñecer o Programa de Voluntariado da Asociación. Ofrecendo información sobre as medidas de apoio, formación, os medios materiais necesarios para o exercicio das funcións que se lle asignen, a existencia de compensacions económicas polos gastos derivados da súa actividade como voluntario e dun seguro contra os riscos de accidente e responsabilidade civil derivados do exercicio da actividade.

O Programa busca favorecer a participación activa do voluntariado na organización , deseño, avaliación e programación das actividades que realiza.IMG_20170914_204210401 A meirande parte das asociacións de persoas voluntarias están formadas por pesoas novas: Esto é debido por unha banda, a que non se pensa nas persoas maiores como voluntarias e, por outra, a que se supón que na terceira idade existe unha falta total de interese por participar nunha organización.

Sen embargo cada vez son máis as entidades que intenta involucrar ás persoas maiores no seo das mesmas. Calquera persoa de calquera idade precisa sentirse válida e utilizar ben o seu tempo.

Non só por incrementar á súa participación activa na sociedade e facelas protagonistas do seu propio desenvolvemento.

Senón tamén póla enorme canteira de recursos humanos  cunha ampla dispoñibilidade de tempo que poden cubrir horarios e tarefas onde é difícil atopar outro tipo de persoas voluntarias.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s