Dende maio de 2017 comezamos a traballar coa Asociación de Viudas Maria Andrea no programa de atención a mulleres anciás soas. Este proxecto responde a realidade vivida polas mulleres que conforman a asociación, un sector de poboación situado na súa maior parte nunha franxa de idade comprendida entre a terceira idade e a cuarta.

O   análise dos datos do informe do IMSERSO de 2013 sobre o perfil da persoa dependente a través da perspectiva  de xénero, non deixa dúbida algunha de que se pode afirmar que a dependencia é feminina. Deste xeito, sobre o total de 753.842 persoas beneficiarias, un total de  498.952 (un 66%) se corresponden con mulleres.

A alta tasa de envellecemento poboacional ourensán é unha realidade que require gran atención, polo seu incremento rápido e progresivo e polo aumento das condicións de dependencia que van aparecer. Faise necesario o fomento do benestar de gran parte da nosa poboación.

Na actualidade os estilos de vida pouco saudables facilitan a exposición a riscos que inflúen directamente na saúde e na calidade de vida. Esta situación  provoca unha vellez patolóxica que require apoio, atención ou institucionalización polo que aumenta o índice de dependencia global provocando unha maior demanda dos servizos sociais, dos servizos de saúde, dos programas de axuda e das redes complementarias de asistencia.

O programa pon en marcha medidas de mantemento físico (ximnasia e pilates) e cognitivo (obradoiros de comunicación e memoria, estimulación cognitiva e intervención psicolóxica individual) que favorezan e aumenten o grao de saúde e benestar, concienciando as mulleres a traballar dende etapas temperás nun proceso de envellecemento activo que aumente a autonomía persoal e atrase a aparición de factores de vulnerabilidade e dependencia.

 

O plantexamento metodolóxico de Xeracción, propón empoderar a figura da persoa maior, atendendo a tódalas posibilidades que aporta á vida en comunidade, traballando o desenvolvemento das competencias e incidindo na promoción da súa autonomía.

O apoio social é importante na saúde e o benestar, e aí radica o sentido da intervención comunitaria. A comunidade é un ente vivo que sufre cambios continuamente, e o éxito do seu funcionamento radica na adaptabilidade das persoas que a conforman.

Cando non se traballan os recursos naturais e aprendidos aparecen os conflitos, que soen producirse por falta autocoñecemento, problemas na comunicación,  dificultade para recoñecer as emocións e para saber como xestionalas, ou por sentimentos de soidade, tristeza, apatía e desesperanza.

20170719_200332Por iso, a través de sesións individuais e grupais de apoio e orientación psicolóxica, o entrenamento en xestión emocional, traballamos o factor de protección  de prevención do estrés e a ansiedade que minimiza o desgaste diario. Mediante a intelixencia emocional podemos aumentar a motivación, regular os estados de ánimo, controlar os impulsos i empatizar cos demais.

IMG_20170718_202808530

 

Dende a cooperativa tamén se lles ofrece asesoría persoal e social, facilitándolles información sobre distintas áreas (sanitaria, de servizos sociais…) e apoio en trámites coa administración.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s