O 16 de maio de 2017 estivemos partillando sobre cooperativismo co alumnado do CIFP “Portovello”, compartindo espazo con Dani Diéguez de Apoio Coop e coas compañeiras de QNecesitas
O pase de diapositivas require JavaScript.
Tratouse de dar unha visión realista e o mesmo tempo motivadora do que é o emprendemento e do que significa e aporta escoller a figura da Cooperativa para convertir as ideas en realidade, dun xeito comprometido e colaborativo, achegando ás persoas asistentes a nosa propia experiencia.
Gústame esto:
Gústame Cargando...
Relacionado
Publicado por Xeraccion
Somos unha cooperativa de traballo asociado que presta os seus servizos de Intervención socio-comunitaria a entidades, públicas e privadas, e particulares, baixo os principios de xustiza social, igualdade, responsabilidade colectiva, respecto á diversidade e axuda mutua.
XERACCIÓN está formada por un conxunto de persoas, procedentes de diversos ámbitos da acción social (integración social, mediación social, traballo social e psicoloxía) implicadas no pulo do desenvolvemento comunitario, e que asume como premisa a necesidade de profundizar na democracia participativa e a participación social como formas de mellorar a vida comunitaria.
A súa metodoloxía baséase no coñecemento das comunidades a través da investigación social, o traballo de campo e a escoita activa, utilizando métodos abertos e participativos, creando espazos para a reflexión e a creatividade. A nosa planificación e acción caracterízase póla fexibilidade para cubrir a maior parte das necesidades que se poidan presentar e a capacidade de adaptación.
Ver todos os artigos de Xeraccion